Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1578 Valladolid, España |
Morte | 13 de abril de 1657 (78/79 anos) Córdoba, España |
Roman Catholic Bishop of Cordoba (en) | |
13 de xullo de 1653 – ← Juan Francisco Pacheco (en) – Francisco Diego Alarcón y Covarrubias (en) → Diocese: Diocese de Córdova (pt) | |
Bispo de Osma | |
21 de maio de 1641 – ← Martín Carrillo Alderete (en) – Juan de Palafox y Mendoza → Diocese: bispado de Osma | |
Bispo de Oviedo | |
23 de xuño de 1636 – ← Martín Carrillo Alderete (en) – Bernardo Caballero Paredes (en) → Diocese: bispado de Ovedo | |
Bispo de Mondoñedo | |
19 de decembro de 1633 – ← Francisco Villafañe (en) Diocese: diocese de Modoñedo | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1634–), sacerdote católico |
Consagración | Fernando de Valdés y Llanos (en) |
Antonio Valdés Herrera, nado en Valladolid en 1578 e finado en Córdoba o 13 de abril de 1657, foi un bispo castelán que serviu e na diocese de Córdoba (1653–1657), diocese de Osma (1641–1643), diocese de Oviedo (1636–1641), e de diocese de Mondoñedo (1633 e 1636).[1][2][3][4][5][6][7][8][9][10]
De orixe asturiana, naceu en 1578 en Valladolid. Chegou a ser bispo de Mondoñedo, Oviedo, Osma e Córdoba. O 19 de decembro de 1633 foi presentado por Filipe IV de España para bispo de Mondoñedo, sendo consagrado en Madrid o 18 de marzo de 1634 por Fernando de Valdés y Llano, bispo de Granada. Ocupou a sé mindoniense durante dous anos, e o 23 de xuño de 1636 foi trasladado á de Oviedo, onde sostivo un preito sobre xurisdición co cabido catedralicio. En Oviedo foi tamén reitor da Universidade (1638-1640) e promoveu en 1639 o primeiro certame poético celebrado en Asturias, para conmemorar a proclamación de Santa Baia de Mérida como patroa da cidade.
O 21 de outubro de 1641 foi nomeado bispo de Osma, onde edificou un novo pazo episcopal. O 10 de novembro de 1653 pasou a ocupar a cadeira de Córdoba, e nesta cidade finou rexindo a diocese o 13 de abril de 1657.
Predecesor: Francisco Villafañe |
Bispo de Mondoñedo 1633 - 1636 |
Sucesor: Gonzalo Sánchez de Somoza Quiroga |