Aprendendo a conducir | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Learning to Drive |
Director | Isabel Coixet |
Produtor | Dana Friedman Daniel Hammond |
Guión | Sarah Kernochan |
Intérpretes | |
Música | Dhani Harrison Paul Hicks |
Fotografía | Manel Ruiz |
Montaxe | Keith Reamer Thelma Schoonmaker |
Estudio | Lavender Pictures Core Pictures |
Estrea | Festival de Toronto: 9 de setembro de 2014 21 de agosto de 2015 10 de xaneiro de 2018 (TVG) |
Duración | West End Films Broad Green Pictures |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Comedia e drama |
Recadación | 3,4 millóns de dólares (USA)[1] |
Na rede | |
http://www.learningtodrivemovie.com/ | |
Aprendendo a conducir (en inglés: Learning to Drive) é un filme estadounidense de 2014 dirixido por Isabel Coixet e escrito por Sarah Kernochan. Baséase nun artigo do New Yorker escrito por Katha Pollitt,[2] e está protagonizado por Patricia Clarkson no papel Wendy, unha exitosa crítica literaria[3] que toma leccións de condución co instrutor Darwan (Ben Kingsley) logo de fracasar o seu matrimonio con Ted (Jake Weber) o cal a obriga a ser máis autosuficiente. É a segunda colaboración entre Ben Kingsley, Patricia Clarkson e Isabel Coixet.[4]
Estreouse en galego o 10 de xaneiro de 2018 a través da TVG.[5] A directora de dobraxe foi Charo Pena.