Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1820 Gosport (pt) |
Morte | 1878 (57/58 anos) Gosport (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda |
Actividade | |
Ocupación | zoólogo , carcinólogo , cirurxián , malacólogo , médico , biólogo , scientific collector (en) |
Lingua | Lingua inglesa |
Carreira militar | |
Rama militar | Royal Navy |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Adams |
Familia | |
Irmáns | Henry Adams |
Parentes | Lionel Ernest Adams (en) (sobriño) |
Arthur Adams, nado en 1820 en Gosport, Hampshire, e finado en 1878, foi un médico e naturalista inglés.
Adams foi cirurxián na Royal Navy a bordo do H.M.S. Samarang, que levaou a cabo a exploración do arquipélago Malaio, os mares do Xapón, Corea e a China, desde 1843 a 1846.[1] En 1850 publicou o libro Zoology of the voyage of H.M.S. Samarang, no que o zoólogo Adam White colaborou con el nas descricións dos crustáceos emcontrados na viaxe.
En 1857, durante a Segunda Guerra do Opio, serviu como cirurxián no H.M.S. Actaeon, estivo presente na toma de Cantón e foi condecorado.
En 1870 retirouse como cirurxián cando servía a bordo do buque insignia H.M.S. Royal Adelaide, en Plymouth.
Foi un prolífico malacólogo que describiu "centos de novas especies, a maioría delas non ilustradas e insuficientemente diagnosticadas".[2]
Traballou co seu irmán Henry Adams (1813–1877) e entre ámbolos dous escribiron The genera of recent mollusca: arranged according to their organization, en tres volumes publicados en 1858.[3]
Así mesmo escribiu Travels of a naturalist in Japan and Manchuria (1870), e un artigo dsobre as arañas interesantes vistas nas súas viaxes.[4]