![]() ![]() | |
Nome orixinal | (fr) Auguste Pomel ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (fr) Nicolas Auguste Pomel ![]() 20 de setembro de 1821 ![]() Issoire, Francia ![]() |
Morte | agosto de 1898 Draâ El Mizan, Alxeria (pt) ![]() ![]() |
Senador da Terceira República Francesa | |
30 de xaneiro de 1876 – 7 de xaneiro de 1882 – Rémy Jacques (pt) ![]() Circunscrición electoral: Oran Department (en) ![]() | |
Conselleiro xeral Oran Department (en) ![]() | |
1871 – 1880 | |
Presidente Conselho departamental (pt) ![]() ![]() | |
![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | francesa |
Educación | Facultade de Ciencias de París - Doutor en Ciencias ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Xeoloxía, paleontoloxía e botánica ![]() |
Lugar de traballo | París ![]() |
Ocupación | botánico, xeólogo, político, paleontólogo, enxeñeiro civil ![]() |
Membro de | |
Carreira militar | |
Rango militar | Sarxento ![]() |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Pomel ![]() |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron ![]() |
Auguste Nicolas Pomel, nado en Issoire (Puy-de-Dôme) o 20 de setembro de 1821 e finado en Draâ El Mizan (Tizi Ouzou, Alxeria) en agosto de 1898,[1] foi un naturalista, xeólogo, paleontólogo e político francés.
Formado como enxeñeiro de minas, traballou como "garda de minas" durante 23 anos, dos cales 20 en Alxeria,[2][3] especializándose á vez no estudo dos en vertebrados fósiles do Norte de África.
Pomel obtivo o título de doutor en Ciencias na Universidade de París en 1883, con dúas teses, Classification méthodique et "genera" des échinidés vivants et fossiles e Contribution à la classification méthodique des crucifères.
Realizou numerosos traballos sobre a xeoloxía de Alxeria, e foi profesor durante máis de sete anos, desta disciplina e máis de mineraloxía na Escola Superior de Ciencias de Alxer, escola que dirixiu desde 1883 até 1888.[1]
Foi elixido Conselleiro Xeral do departamento de rexión de Orán de 1871 a 1880, Consello do que foi presidente durante 6 anos. Así mesmo foi senador po Orán no Senado da III República, polo partido Gauche républicaine (Esquerda Republicana), desde 1876 a 1882.
Augusto Pomel foi nomeado Cabaleiro da Lexión de Honor o 7 de abril de 1887.[1] A insignia foille entregada por Marcellin Berthelot, Ministro de Instrución Pública e Belas Artes.[4]
Foi nomeado Oficial da Instrución Pública o 15 de abril de 1882.
Recibiu a medalla de prata no congreso da Sorbona de 1868, polos seus traballos xeolóxicos, e a medalla de ouro no de 1873 polo sseu estudo sobre o Sáhara.
A abreviatura Pomel emprégase para recoñecer a Auguste Nicolas Pomel como autoridade na descrición e taxonomía en botánica e zooloxía.
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Auguste Nicolas Pomel |