Benz Velo | |
---|---|
![]() | |
Marca | Benz & Cie. (pt) ![]() ![]() |
Fabricante | Rheinische Gasmotorenfabrik Benz & Cie. |
País | ![]() |
Período | ╴1902 |
Deseño | Karl Benz |
Tren motriz | |
Motor | De 1 cilindro e 1 L |
Dimensións | |
Distancia eixes | 1.340 mm ![]() |
Lonxitude | 2250 - 2400 mm |
Anchura | 1250 mm |
Altura | 1350 mm |
Peso | 280 – 425 kg |
Cronoloxía | |
[ Commons ] [ Wikidata ] |
O Benz Patent-Motorwagen Velo (ou Benz Velo para abreviar) foi un dos primeiros automóbiles. Karl Benz patentou o Benz Patent-Motorwagen de tres rodas o 29 de xaneiro de 1886 producido como o primeiro automóbil dispoñible no mercado desde 1886 ata 1893. A este éxito inicial seguiuno o modelo Benz Velo en 1894. O Velo e o Duryea Motor Wagon, patentado en 1895, acredítanse como os primeiros coches estandarizados.
O primeiro Benz Velo estaba equipado cun motor de cilindro único na parte traseira, con 1045 cc (1 L) e 1,5 HP, e alcanzaba unha velocidade de 20 km/h. En 1897 a potencia creceu ata 2,5 HP, en 1900 foise a 3 HP, e en 1901 os cabalos subiron a 3,5 HP. Tamén mellorou o rendemento; a versión máis potente lograba unha velocidade máxima de 30 km/h.
En 1896 ofreceuse o carburador de flotador e o acendido por batería. A partir deste momento tamén dispoñía dunha manivela para arrincar o motor. Unha caixa de cambios de dúas velocidades transmitía a potencia do motor ás rodas traseiras, a partir de 1896 tamén se ofreceu unha terceira velocidade opcional e marcha atrás. Dende 1900 ambas foron incluídas de serie.
Foron construídas 67 unidades do Benz Velo en 1894 e 134 en 1895. O Velo permaneceu en produción até 1902, cun reconto final de máis de 1200 coches fabricados.[1]
O Velo inspirou numerosas copias, incluíndo o Marshall (logo Belsize) en Manchester,[2] o Star (Wolverhampton)[3] e o Arnold (Paddock Wood, ao final só foron construídos doce coches).[3]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Benz Velo ![]() |