Bobbito García

Modelo:BiografíaBobbito García

(2014) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de setembro de 1966 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Wesleyana
Lower Merion High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndisc-jóckey, xornalista, baloncestista, xornalista musical, produtor musical, actor, director de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1989 Editar o valor en Wikidata -
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm1093900 Rottentomatoes: celebrity/bobbito-garcia Allmovie: p475404
MySpace: bobbitogarcia Last fm: Bobbito Musicbrainz: e94b7721-4ac4-4a8f-aae3-e63e9311e1e3 Songkick: 96889 Discogs: 106753 Allmusic: mn0000077999 Editar o valor en Wikidata

Roberto García, nado en Harlem, Nova York o 25 de setembro de 1966, é un DJ, produtor musical e locutor de radio americano. de familia portoriqueña máis coñecido polos seu nomes artísticos Bobbito García, DJ Cucumber Slice, Kool Bob Love ou Bobbito the Barber. Acadou o éxito na súa cidade en 1990 tras un ano como bolseiro na discográfica Def Jam ao crear xunto a DJ Stretch Armstrong o programa de radio The Stretch Armstrong and Bobbito Show, unha emisión que se converteu nun programa de culto por ter sido a plataforma onde se deron a coñecer por primeira vez algúns dos rapeiros máis famosos do país : Jay-Z, The Notorious B.I.G., Nas, Wu-Tang Clan, Eminem ou Fugees. É coñecido polos seus éxitos "Rock Rubber 45s", "Que Bonita Bandera" e "Anna From Woohside (Beat Sute)".[1]

Relación co baloncesto

[editar | editar a fonte]

No ano 1987 García xogou un ano na liga profesional de baloncesto de Porto Rico, a BSN, na equipa Capitanes de Arecibo. Ao ano seguinte volveu aos Estados Unidos e creou unha revista cuatrimestral, chamada Bounce, a cal estivo en circulación por case dez anos, e que estaba adicada non só ao baloncesto da NBA, senón á cultura arredor do xogo en xeral: o streetball, as seleccións xuvenís, os mellores equipos de cada década, cómo replicar xogadas, etc. Estivo moi ligado desde entón á cultura do streetball, como xogador e como organizador e animador de torneos na rúa. No ano 2012 estreou como director, xunto co co-director Kevin Couliau, o documental Doin' It in the Park polo que grabaron partidos de baloncesto urbano en 181 canchas de Nova York durante 75 días.

Participou, como comentarista, nos videoxogos de EA Sports adicados ao streetball NBA Street Vol.2 e NBA Street V3 e, como presentador do concurso de mates, tanto offline coma online, no xogo SEGA adicado ao baloncesto ESPN NBA 2K8.

García tamén é membro do grupo de breakdance Rock Steady Crew. Así mesmo escribiu o libro sobre Sneakers Where'd You Get Those?: New York City's Sneaker Culture 1960–1987 e colaborou no deseño das Adidas Superstar.[2]

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • The Wonder of Stevie: Essential Compositions, Covers & Cookies - 2003 coa discográfica Harmless.
  • Earthtones - 2003 coa discográfica R2 Records.
  • The Wonder of Stevie: Further Forays into the Stevie Songbook - 2004 coa discográfica Harmless.
  • The Connection, Vol. 1 - 2009 coa discográfica R2 Records.
  • No Requests - 2020 coa discográfica Uprising Records.
  1. "¿Quién es Bobbito García?". 25gramos.com. Consultado o 20-09-2024. .
  2. "Bobbito Garcia". redbullmusicacademy.com. Consultado o 20-09-2024. .

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]