Built to Spill | |
---|---|
Orixe | Boise, Idaho, |
Período | 1992 - presente |
Xénero(s) | indie rock |
Selo(s) discográfico(s) | Warner Bros., Up, ATP Recordings |
Membros | Doug Martsch Brett Netson Jim Roth Steve Gere Jason Albertini |
Antigos membros | Ralf Youtz Andy Capps Scott Plouf Brett Nelson |
Na rede | |
http://www.builttospill.com/ | |
Built to Spill é unha banda estadounidense de indie rock procedente de Boise, Idaho. O grupo leva publicados nove álbums de estudio ata a data, o máis recente deles, When the Wind Forgets Your Name, editado en setembro de 2022.
O seu fundador Doug Martsch orixinalmente concibiu a banda como un conxunto cambiante de músicos de apoio para cada álbum, pero finalmente estableceu unha formación estable durante unha década antes de volver ao seu plan orixinal en 2012.[1]
Despois de ter recibido constantes aclamacións da crítica ao longo da súa carreira, tres dos álbums da banda (There's Nothing Wrong with Love, Perfect from Now On e Keep It Like a Secret) entraron na lista dos mellores álbums dos 90 de Pitchfork.[2] Keep It Like a Secret foi o primeiro disco do grupo en entrar na lista Billboard 200 nos Estados Unidos, mentres que o seu lanzamenro de 2009 There Is No Enemy converteuse no álbum Built to Spill que acadou o mellor posto nas listas.
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Ultimate Alternative Wavers | 1993 | C/Z Records |
There's Nothing Wrong with Love | 1994 | Up Records |
Perfect from Now On | 1997 | Warner Bros. Records |
Keep It Like a Secret | 1999 | Warner Bros. Records |
Ancient Melodies of the Future | 2001 | Warner Bros. Records |
You in Reverse | 2006 | Warner Bros. Records |
There Is No Enemy | 2009 | Warner Bros. Records, ATP Recordings |
Untethered Moon | 2015 | Warner Bros. Records |
When the Wind Forgets Your Name | 2022 | Sub Pop Records |