Bóla de fogo | |
---|---|
![]() Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Ball of Fire |
Director | Howard Hawks |
Produtor | Samuel Goldwyn |
Guión | |
Baseado en | From A to Z de Thomas Monroe e Billy Wilder |
Intérpretes | |
Música | Alfred Newman |
Fotografía | Gregg Toland |
Montaxe | Daniel Mandell |
Estudio | Samuel Goldwyn Productions |
Distribuidora | RKO Radio Pictures |
Estrea | ![]() ![]() |
Duración | 111 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Comedia |
Recadación | $2 200 000 (USA)[1] |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Bóla de fogo (en inglés: Ball of Fire) é un filme estadounidense de 1941 dirixido por Howard Hawks e protagonizado por Gary Cooper e Barbara Stanwyck. Este filme de Samuel Goldwyn Productions (orixinalmente distribuído por RKO) conta a historia dun grupo de profesores que están a traballar nunha enciclopedia e a súa experiencia cunha artista dun club nocturno que lles proporciona o seu coñecemento único.
O resto do elenco inclúe a Oskar Homolka, S. Z. Sakall, Henry Travers, Richard Haydn, Dana Andrews e Dan Duryea. En 1948, o argumento foi recuperado para un filme musical, A Song Is Born, desta volta protagonizado por Danny Kaye e Virginia Mayo. O filme tamén é coñecido como The Professor and the Burlesque Queen. En 2016, o filme foi escollido para a súa preservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos por ser "cultural, histórico ou esteticamente significativo".[2]
Estreouse en galego o 8 de decembro de 2001 a través da TVG.[3]
Grazas á doazón dun cuarto de millón de dólares, un grupo de profesores estrafalarios, todos solteiros agás un que é viúvo, traballan na elaboración dunha enciclopedia do saber humano. Cando o traballo se atopa nunha fase bastante avanzada, reciben a visita sorpresa da bailarina de cabaré "Sugarpuss" O'Shea (Barbara Stanwyck), requirida polo profesor Bertram Potts (Gary Cooper), que está a facer un estudo da xerga da rúa. Ela acepta formar parte do estudo mais en realidade está a esconderse da policía, que a busca para testificar en contra do seu futuro marido: o mafioso Joe Lilac (Dana Andrews). Todo iso failes reformularse o seu traballo ao darse de conta de que viven de costas ao mundo real.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bóla de fogo ![]() |