Cancioneiro é o nome que se acostuma dar a calquera libro impreso ou manuscrito que conteña unha colección de cancións, e por extensión, ao rexistro sonoro destas cancións. Dependendo da época en que a música foi composta, os cancioneiros poden ser divididos entre medievais, renacentistas, románticos, contemporáneos etc.
No período trobadoresco a maior parte das poesías non era escrita, senón cantada, e de aí vén o nome "cantiga". As cantigas podían ser relixiosas (conservadas nos chamados "códices", v. Cantigas de Santa María) ou profanas.
Só a partir do final do século XIII, as cantigas profanas foron copiadas e coleccionadas en manuscritos chamados "cancioneiros". Os cancioneiros da época son escolmas dos catro xéneros do lirismo trobadoresco galaico-portugués: cantigas de amigo, cantigas de amor, cantigas de escarnio e cantigas de maldicir.
Tres deses libros chegaron até os días actuais:
Actualmente coñécense os seguintes cancioneiros portugueses manuscritos (algúns atopados hai pouco tempo) con cancións ao estilo renacentista:
Tamén se coñecen cancioneiros casteláns do Renacemento:
Despois do século XVI, coa invención da imprenta, os cancioneiros manuscritos pasaron a ser cada vez mais raros, dando lugar a cancioneiros impresos.
Durante os séculos XVII, XVIII, e aínda na primeira metade do XIX, circularon unha gran cantidade de vilancicos de Nadal e Reis escritos en lingua galega. Tratábase de creacións en verso, en estrofas breves, musicadas, e cun certo aire popular, compostas normalmente por músicos de grande formación. As catedrais de Mondoñedo e Santiago de Compostela contaron cunha grande tradición no que respecta á elaboración destas panxoliñas, aninovos ...
Ademais, os vilancicos de Nadal e Reis escritos en galego traspasaron as fronteiras de Galiza, e eran cantadas en catedrais como a de Toledo ou Sevilla (o cal non é raro, se temos en conta que, durante estes anos, a curia hispalense contou cun gran número de bispos galegos).
Os principais cultivadores de nome coñecido foron Carlos Patiño, Frei Francisco de Santiago, Gabriel Díaz, Frei Xerónimo Gonçalves e Manuel Bravo de Velasco.
Os cancioneiros contemporáneos xorden a finais do século XIX e principios do XX, nun contorno cultural europeo influenciado polo nacemento dos nacionalismos modernos. O seu obxectivo era o de estudar e pór en valor a música popular, que naqueles tempos amosaba os primeiros síntomas de desaparición, polo que os estudosos transcribían en partitura as melodías que ían recollendo dos informantes.
En Galicia, os primeiros cancioneiros tiñan carencias salientables: faltaban a procedencia das pezas, carecían de estudos lingüísticos axeitados e ofrecían unha única versión das pezas. A pesar disto, o seu valor resulta incalculable. Os cancioneiros aparecidos nas últimas décadas do século XX son estudos de maior rigor científico, aínda que veñen sendo substituídas por edicións sonoras.
Hai varios cancioneiros de gran transcendencia para a música galega: