Imaxe de Thompson na lápida do seu enterramento | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de outubro de 1824 Mellan-Grefvie, condado de Malmö |
Morte | 20 de setembro de 1899 Lund, Suecia |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Norra |
Cargos Profesor universitario, conservador de Museo | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | sueca |
Educación | Universidade de Lund |
Actividade | |
Campo de traballo | Dipterology (en) |
Ocupación | zoólogo, entomólogo |
Empregador | Universidade de Lund, Museo Entomolóxico de Lund |
Membro de | |
Lingua | latín, sueco |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Thomson |
Premios | |
Membro da Real Sociedade Fisiográfica de Lund | |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Obálky knih, |
Carl Gustaf Thomson, nado o 13 de outubro de 1824 en Mellan-Grefvie, condado de Malmö, e finado o 20 de setembro de 1899 en Lund, foi un entomólogo sueco.
Carl Gustaf Thomson estudou, desde 1843, na Universidade de Lund, licenciándose en 1850. En 1850 foi nomeado profesor asociado de zooloxía nesa Universidade. En 1862 foi conservador do departamento de entomoloxía do Museo Zoolóxico e, en 1864, foi tamén nomeado profesor de entomoloxía. En 1872 unha bolsa permitiulle viaxar por todo o continente europeo para realizar estudos científicos.
Ofrecéuselle o posto de director do Museo Entomolóxico de Berlín, pero rexeitou este posto.
Thomson foi elixido en 1861 membro da Sociedade Fisiográfica de Lund. Tamén foi membro honorario das Sociedades Entomolóxicas de París, Berlín, Bruxelas, Londres e San Petersburgo.
Falceu o 13 de outubro de 1824 en Lund, e está soterrado no cemiterio de Norra en Solna, municipio situado ao norte da cidade de Estocolmo.
Thomson foi o autor de Coleoptera Scandinaviae (dez volumes, 1859-68), Skandinaviens inseckta (1862), Scandinavia Hymenoptera (cinco volumes, 1871-79) e Opuscula Entomologica (22 volumes, 1869-97).
Tamén publicou, en 1858, descricións dos insectos, especialmente dos dípteros, recollidos na viaxe da fragata Eugenies, o primeiro buque sueco que circunnavegou o mundo.
A abreviatura Thomson emprégase para recoñecer a Carl Gustaf Thomson como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carl Gustaf Thomson |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Carl Gustaf Thomson |