Carlos Delfino

Modelo:BiografíaCarlos Delfino

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Carlos Francisco Delfino Editar o valor en Wikidata
29 de agosto de 1982 Editar o valor en Wikidata (42 anos)
Santa Fe, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Altura198 cm Editar o valor en Wikidata
Peso104 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1998 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaArxentina
Italia Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaNational Basketball Association e Liga ACB Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla e Escolta Editar o valor en Wikidata
Convocado porDetroit Pistons Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Milwaukee Bucks
Toronto Raptors
Detroit Pistons
Olimpia Basketball Club
  CA Unión
Houston Rockets
BC Khimki
Viola Reggio Calabria
Fortitudo Pallacanestro Bologna
  Arxentina
Participou en
2012Xogos Olímpicos de 2012
2008Xogos Olímpicos de 2008
2004Xogos Olímpicos de 2004 Editar o valor en Wikidata

Carlos Francisco Delfino, nado o 29 de agosto de 1982 en Santa Fe, Arxentina, é un xogador profesional de baloncesto que actualmente é axente libre. Foi unha das figuras da selección arxentina que gañou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004 e a medalla de Bronce en Pequín 2008. Mide 1,98 metros e pesa 104,3 quilogramos.

Traxectoria profesional

[editar | editar a fonte]

Foi elixido vixésimo quinto na primeira rolda do draft da NBA por Detroit Pistons no Draft de 2003. É o único xogador arxentino da historia que foi elixido nesta rolda. Na tempada 2007-08 da NBA xogou para os Toronto Raptors, onde cumpriu a súa mellor campaña na NBA no seu rol de sexto home. Na tempada 2008-09 marchou a Europa a xogar no Khimki BC da Superliga rusa onde se converteu nun dos xogadores mellor pagados de Europa.

O 18 de agosto de 2009, os Raptors asinaron e traspasaron a Delfino ós Milwaukee Bucks xunto a Roko Ukić, a cambio de Amir Johnson e Sonny Weems.[1]

O 20 de agosto de 2012, Delfino asinou un contrato cos Houston Rockets.[2]

O 17 de xullo de 2013, asinou un contrato cos Milwaukee Bucks.[3]

Selección Arxentina

[editar | editar a fonte]

Debutou na selección o 13 de xullo de 2004 contra Paraguai no Suramericano de Campos do Brasil. As súas presenzas internacionais en seleccións foron no Suramericano de Cadetes de 1997 e 1998, Suramericano Xuvenil do 2000, Panamericano Sub 21 de 2000, Mundial Sub 21 de 2001, Suramericano 2004, Xogos Olímpicos de 2004, Torneo Preolímpico de 2007 e Xogos Olímpicos de 2008.

  1. "BUCKS COMPLETE TRADE WITH RAPTORS". NBA.com. 18 de agosto de 2009. Consultado o 18 de agosto de 2009. 
  2. "Rockets Sign Carlos Delfino" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de setembro de 2012. Consultado o 01 de novembro de 2012. 
  3. Bucks Sign Free Agent Guard-Forward Carlos Delfino

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]