Nome oficial | セントラル・リーグ |
---|---|
Tipo | liga de béisbol |
Localización e Datas | |
País | Xapón |
Vixencia | 1949 – |
A Central League (セントラル・リーグ Sentoraru Rīgu?) ou Liga Central, tamén coñecida como Ce League (セリーグ Se Rīgu?), é unha das dúas ligas profesionais que constitúen a Nippon Professional Baseball, a máis importante competición de béisbol do Xapón. O gañador desta liga xoga anualmente contra campión da Pacific League nas Nippon Series para decidir o campión nacional. Actualmente está formada por seis equipos de todo o país, sendo o máis laureado os Yomiuri Giants. Ao contrario que na Pacific League, e do mesmo xeito que antigamente na Liga Nacional da MLB, esta liga non permite o uso de bateador designado.
A Liga Central foi fundada en 1949 con oito equipos: catro da antiga Liga de Béisbol do Xapón (Chunichi Dragons, Hanshin Tigers, Yomiuri Giants e Shochiku Robins) e catro novos (Hiroshima Carp, Kokutetsu Swallows, Nishinippon Pirates e Taiyō Whales). Con todo, os Nishinippon Pirates tan só duraron unha temporada, fusionándose o equipo fusionouse cos Nishitetsu Clippers, tamén de Fukuoka, para formar os Nishitetsu Lions na Liga do Pacífico. Isto levou a que a liga ficase reducida a tan só sete franquías.
En 1952, coa chegada á presidencia de Ryuji Suzuki,[1] decidiuse que todo equipo que finalizase a temporada cunha porcentaxe de vitorias inferior ao 30% tería que disolverse ou fusionarse con outros equipos. Finalmente tan só un equipo se vería afectado, os Shochiku Robins, os cales decidiron fusionarse cos Taiyō Whales para formar os Taiyō Shochiku Robins en xaneiro de 1953. Isto levou a que a liga ficase reducida a tan só seis franquías, número que se mantén até a actualidade. A seguinte gran novidade chegou no ano 2007, momento no que se crearon as Climax Series. Estas eliminatorias, inspiradas nas que xa había na Liga do Pacífico, enfrontan aos tres primeiros clasificados da liga para determinar o equipo que disputará as Series do Xapón. Co sistema anterior non había ningún tipo de eliminatoria, clasificándose directamente á final o campión da liga.
Equipo | Nome xaponés | Localización | Estadio | Patrocinador | |
---|---|---|---|---|---|
Chunichi Dragons | 中日ドラゴンズ Chūnichi Doragonzu |
Nagoia Aichi |
Nagoya Dome 40.500 espectadores |
Chunichi Shinbun | |
Hanshin Tigers | 阪神タイガース Hanshin Taigāsu |
Nishinomiya Hyōgo |
Estadio Hanshin Koshien 47.508 espectadores |
Hanshin Denki Tetsudō | |
Hiroshima Toyo Carp | 広島東洋カープ Hiroshima Tōyō Kāpu |
Hiroshima Hiroshima |
MAZDA Zoom-Zoom Stadium Hiroshima 33.000 espectadores |
Familia Matsuda (familia fundadora de Mazda) | |
Tokyo Yakult Swallows | 東京ヤクルトスワローズ Tōkyō Yakuruto Suwarōzu |
Shinjuku Toquio |
Estadio Meiji Jingu 37.933 espectadores |
Yakult | |
Yokohama DeNA BayStars | 横浜DeNAベイスターズ Yokohama DeNA Beisutāzu |
Iocoama Kanagawa |
Yokohama Stadium 30.000 espectadores |
DeNA | |
Yomiuri Giants | 読売ジャイアンツ Yomiuri Jaiantsu |
Bunkyō Toquio |
Tokyo Dome 46.000 espectadores |
Yomiuri Shinbun |
Equipo | Campión | Subcampión | Terceiro |
---|---|---|---|
Yomiuri Giants | 38 | 12 | 13 |
Chunichi Dragons | 9 | 23 | 15 |
Hiroshima Toyo Carp | 8 | 6 | 10 |
Yakult Swallows | 8 | 5 | 6 |
Hanshin Tigers | 5 | 20 | 15 |
Yokohama BayStars | 2 | 4 | 11 |
Shochiku Robins | 1 | 0 | 0 |
Nishinippon Pirates | 0 | 0 | 0 |