Cesta punta

Xogador de cesta punta de Miami.

A cesta punta é un deporte de orixe vasca. O nome provén do éuscaro zesta-punta, 'punta de cesta'. Tamén recibe o nome de jai alai ("festa alegre" en éuscaro).

Consiste nunha modalidade de pelota vasca que se practica cunha cesta de vimbio. Cóllese a pelota coa cesta, tómase impulso e lánzase cara ao frontón. O peso da cesta oscila entre 200 e 600 g, cunha lonxitude de entre 62 cm (nas posicións dianteiras) e 68 cm (nas defensas). Se se ten en conta a curvatura das liñas, as dimensións oscilan entre 90 e 110 cm, e a profundidade da cesta, de 15 cm.

A cesta fabrícase con madeira de castiñeiro, tecida de vimbio, malia que na actualidade utilízanse materiais sintéticos. A forma da cesta (curva, cóncava, alongada e estreita) é, ao parecer, unha modificación da antiga chistera. Encaixa na man a xeito de luva, atada cunha corda, e vai provista dunha bolsa que axuda a reter a pelota.

Xógase en frontóns de entre 54 e 60 m. O principal trazo da cesta é lanzar a pelota con maior forza e eficacia despois de recollela e deixala deslizar até o extremo. De aí sae despedida contra o frontón, co fin de marcar un "tanto" para conseguir o maior número de puntos.

O xogo por parellas é a modalidade máis común. Os países máis sobresalientes son Francia, España, México, as Filipinas e os Estados Unidos (sobre todo no estado de Florida).[1]

As xogadoras e xogadores profesionais desenvolven as súas tempadas principalmente en México e nos EUA. A tempada estival celébrase en Euskadi e Francia, no circuíto Jai Alai World Tour.

Cesta punta nos Mundiais de Pelota Vasca

[editar | editar a fonte]
N. Ano Sede Ouro Prata Bronce Vitoria
I 1952 Donostia
España España
España España México M. Balet - J. Balet
II 1955 Montevideo
Uruguai
México España España R. Montes - A. López
III 1958 Biarritz
Francia
México España España Azcue - José Hamui
IV 1962 Pamplona
España España
México España España Adrián Zubikarai - José Hamui
V 1966 Montevideo
Uruguai
México España España Adrián Zubikarai - José Hamui
VI 1970 Donostia
España España
Francia España España México Camy - Fourneau
VII 1974 Montevideo
Uruguai
Francia México España España J. Abeberry - J. Irazoqui
VIII 1978 Biarritz
Francia
España España México Francia Aperribay - Totorica
IX 1982 Cidade de México
México
Francia Estados Unidos de América Estados Unidos España España D. Michelena - J. Inchauspe
X 1986 Gasteiz
España España
Francia España España Estados Unidos de América Estados Unidos Etxeverria - Jaime Eza
XI 1990 Cuba
Cuba
España España Francia México A. Compañón - Mugartegui
XII 1994 Donibane Lohizune
Francia
España España México Francia Lander - Osa
XIII 1998 Cidade de México
México
Francia México España España L. Garcia - E. Irastorza
XIV 2002 Pamplona
España España
Francia España España México García - Inza
XV 2006 Cidade de México
México
Francia España España México García - Inza
XVI 2010 Pau
España España
Francia México España España Tambourindeguy - Etcheto
XVII 2014 Toluca
México
España España Francia México Pablo Lopez Polite-Yolanda Polite

Medalleiro histórico

[editar | editar a fonte]
PosiciónPaísOuroPrataBronceTotal
1 Francia82212
2 España58417
3 México46515
4 Estados Unidos0112
Totais (4 países)17171246

Cesta punta nos Xogos Olímpicos

[editar | editar a fonte]
N. Ano Sede Ouro Prata Bronce Campeones
I 1900 París
Francia
España España Francia José de Amézola e Francisco Villota
II 1924 (deporte de exhibición) París
Francia
España España Francia Sagrana, Garate, Santamaría
III 1968 (deporte de exhibición) Cidade de México
México
España España Francia México Irmáns Mirapeix, Beascoechea e Arrien
IV 1992 (deporte de exhibición) Barcelona
España España
España España Francia México Konpa, Atain, Celaya e Oianguren

Medalleiro histórico

[editar | editar a fonte]
PosiciónPaísOuroPrataBronceTotal
1 España4004
2 Francia0404
3 México0022
Totais (3 países)44210
  1. Llano, Pablo de (29 de abril de 2018). "Estados Unidos cierra la puerta a los pelotaris vascos". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 11 de xuño de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]