Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 8 de xaneiro de 1987 (37 anos) Detroit, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Cass Technical High School (en) University of Memphis (en) Northwestern High School (Michigan) (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 201 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 91 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2008 - 2016 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | NBA G League, Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala e Escolta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 6 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Brooklyn Nets | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Chris Douglas-Roberts, nado o 8 de xaneiro de 1987 en Detroit, Míchigan, é un ex xogador americano de baloncesto profesional. Mide 2,01 metros e xogaba nas posicións de escolta e ala.
Douglas-Roberts xogou ao baloncesto no Cass Technical High School e no Northwestern High School. Estivo en Cass Tech en 2003 e 2004, facendo 28 puntos, 10 rebotes e 6 asistencias por partido. Tras a tempada 2004 foise a Northwestern onde viu limitado o seu tempo de xogo debido ás regras de transferencia dun instituto a outro, polo que non xogou co equipo ata o segundo semestre. Rematou a tempada cunha media de 13.8 puntos e 5.4 rebotes por partido.
Despois do seu paso polo instituto, Douglas-Roberts estaba considerado coma unha das mellores promesas dispoñibles, sendo incluído no posto 30 na lista de mellores xogadores de Scout.com e no 51 en Rivals.com. Finalmente escolleu a Universidade de Memphis. Durante a súa primeira tempada cos Tigers, xogou 34 partidos nos que 25 foron dende o comezo, asinando 8.3 puntos, 3.3 rebotes e 1.5 asistencias por encontro. Grazas ao seu gran xogo foi incluído no mellor quinteto de freshman da Conference USA. Na súa segunda tempada xogou os 35 partidos coma titular e liderou aos Tigers en anotación con 15.4 puntos. Ademais, foi elixido no mellor quinteto da conferencia e coroouse coma All-America. Xa na súa terceira tempada en Memphis, asinou 23.2 puntos por encontro nos seis partidos do Torneo da NCAA de 2008, onde os Tigers remataron en segunda posición tras perder na final ante os Kansas Jayhawks. A súa grande actuación deulle un posto no primeiro equipo do All-American.
O 18 de abril de 2008, Douglas-Roberts anunciou que se presentaba ao Draft da NBA dese mesmo ano.[1] Foi seleccionado polos New Jersey Nets na 40ª posición, e o 9 de xullo asinou o seu primeiro contrato da NBA cos Nets. O 25 de xuño de 2010 foi traspasado aos Milwaukee Bucks a cambio dunha elección da segunda rolda do draft de 2012.[2]
En setembro de 2011, Douglas-Roberts fichou polo Virtus Bologna italiano.[3]
O 1 de outubro de 2012, asinou cos Los Angeles Lakers,[4] pero foi cortado o 22 de outubro sen chegar a debutar.[5] O 27 de outubro, Douglas-Roberts e Melvin Ely asinaron cos Dallas Mavericks,[6] pero foron cortados ó día seguinte.[7]
O 23 de decembro de 2012, asinou de novo con Dallas.[8] O 6 de xaneiro de 2013, foi cortado polos Mavericks.[9]
O 11 de decembro de 2013, Douglas-Roberts asinou cos Charlotte Bobcats.[10]
O 3 de setembro de 2014, Douglas-Roberts asinou cos Los Angeles Clippers.[11]
O 15 de xaneiro de 2015, Douglas-Roberts foi traspasado ós Boston Celtics nun traspaso entre os Celtics, os Clippers e os Phoenix Suns.[12] Tres días máis tarde foi cortado polos Celtics.[13]