![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de xuño de 1942 ![]() Londres, Reino Unido ![]() |
Morte | 30 de novembro de 2017 ![]() Camberra, Australia ![]() |
Residencia | Camberra ![]() |
Educación | University College de Londres - Doutor en filosofía Universidade Nacional Australiana ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Antropoloxía física ![]() |
Ocupación | antropólogo, zoólogo, profesor universitario ![]() |
Empregador | Universidade Nacional Australiana (1974–2015) Universidade de California, Berkeley ![]() |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Groves ![]() |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
Colin Peter Groves, nado o 24 de xuño de 1942, en Londres, Inglaterra , é un zoólogo e antropólogo, profesor de antropoloxía biolóxica da Australian National University de Canberra, Australia.[1]
Nado en Londres, Inglaterra en 1942, acadou no University College de Londres o título de Bachelor of Science en 1963, e o doutoramento (Ph.D.) no Royal Free Hospital School of Medicine da mesma universidade en 1966.
Desde 1966 a 1973, Groves fixo estudos de posdoutoramento na Universidade de California, Berkeley, onde tamén foi profesor Fellow.
Así mesmo impartiu clases no Queen Elizabeth College de Londres e na Universidade de Cambridge.[1]
En 1974 emigrou a Australia, onde desde esa data dita clases na Australian National University de Canberra,[1] sendo promovido a catedrático no ano 2000.[2]
Os seus intereses académicos céntranse na evolución dos humanos e outros primates e mamíferos, na antropoloxía biolóxica e na etnobiología.[2]
Groves levou a cabo extensos traballos de campo en Kenya, Tanzania, Ruanda, India, Irán, China, Indonesia, Sri Lanka e a República Democrática do Congo.
Xunto co biólogo checo Vratislav Mazák, Groves foi o descritor da especie Homo ergaster.[3] Así mesmo, en 2010, xunto con Myron Shekelle, biólogo evolutivo, ecólogo e taxónomo da Western Washington University, de Bellingham, Estados Unidos,[4] describiu o novo xénero de primate tarsíido Carlito.[5]
Groves tamén escribiu libros sobre a taxonomía dos primates, publicado pola Smithsonian Institution o ano 2001, e dos ungulados, publicado por The Johns Hopkins University Press en 2011.
É un membro activo da organización Australian Skeptics (Escépticos australianos), e publicou numerosos artigos sobre escepticismo relixioso,[6] ademais doutros dentro da súa área de traballo directa. Tamén dirixiu numerosos debates con creacionistas e anti evolucionistas.[2]
A abreviatura Groves emprégase para recoñecer a Colin Groves como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.