Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1946 (78/79 anos) Navia de Suarna, España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Campo de traballo | Xornalismo, crítica literaria, edição (pt) e edición |
Ocupación | escritor, editor colaborador, crítico literario, xornalista, profesor universitario |
Familia | |
Cónxuxe | Belén Gopegui |
Constantino Bértolo Cadenas, nado en Navia de Suarna en 1946, é un editor e escritor galego. Asina a súa obra en galego como Tino de Féliz.[1]
Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade Complutense de Madrid, Bértolo foi profesor de secundaria en Madrid. Posteriormente Bértolo traballou como xornalista e crítico literario para distintos medios de comunicación e xornais, en particular para El País.
Como editor, foi o director da editorial española Debate entre 1990 e 2003, cando pasou a ser o director de Caballo de Troya, un selo editorial español da multinacional Random House Mondadori.[2]
En 2022 participou en Rosalía en Camiño. Diálogos literarios multilingües, celebrados en Padrón, Santiago e Pontevedra e organizados pola Fundación Rosalía de Castro.[2]