Contras Contrarrevolucionarios nicaragüenses | |
---|---|
![]() | |
Tipo | organización armada |
Data de fundación | 1979 |
País | Nicaragua |
[ editar datos en Wikidata ] |
Contras | |
---|---|
Ideoloxía | Anticomunismo |
Contras (de "contrarrevolucionarios") é o nome xenérico que reciben varios grupos armados que loitaron contra o goberno da Fronte Sandinista de Liberación Nacional (FSLN), partido socialista revolucionario que tomou o poder en Nicaragua, desde a vitoria da Revolución Sandinista e o fin da ditadura de Anastasio Somoza Debayle, en xullo de 1979.[1]
Aínda que o movemento incluía diferentes organizacións con diferentes obxectivos e pouca unidade ideolóxica, a Fuerza Democrática de Nicaragua (FDN) foi a maior destas faccións. Porén, en maio de 1987, practicamente todas as organizacións "Contra" foron reagrupadas, polo menos nominalmente, na chamada resistencia nicaraguana (RN).[2]
Desde a fase inicial da guerra de guerrillas, os rebeldes recibiron apoio militar e financeiro dos Estados Unidos, especialmente durante a administración de Ronald Reagan, a través da CIA. Nun primeiro momento, este apoio foi complementado polo goberno da Arxentina, naquel momento, unha ditadura militar autodenominada Proceso de Reorganización Nacional e tamén foi apoiado por narcotraficantes de Colombia, por Taiwán e Israel entre outros.[3]
Mesmo despois de 1984, cando o Congreso dos Estados Unidos aprobou a Emenda Boland, que restrinxiu o apoio estadounidense aos "Contras", este apoio continuou, en segredo, durante os dous anos seguintes. Para iso empregáronse recursos obtidos ilegalmente mediante a venda de armas a Irán e, sobre todo, mediante o narcotráfico cuberto pola CIA.
Nese momento, o escándalo, coñecido como o caso Irán-Contra, tivo un gran impacto nos Estados Unidos e puxo en risco o segundo mandato do presidente Reagan.[4]
O tema foi tratado no filme de 1996 Carla's Song de Ken Loach, na película de 2014 Kill the Messenger e en Freeway: Crack in the system, un documental de 2015 sobre o narcotraficante Rick Ross, coñecido como "Freeway".
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Contras ![]() |
![]() |
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|