Cristóbal Halffter

Modelo:BiografíaCristóbal Halffter
Biografía
Nacemento(es) Cristóbal Halffter Jiménez-Encina Editar o valor en Wikidata
24 de marzo de 1930 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte23 de maio de 2021 Editar o valor en Wikidata (91 anos)
Vilafranca, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónReal Conservatorio Superior de Música de Madrid (1947–1951) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de orquestra, compositor, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorReal Conservatorio Superior de Música de Madrid Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoÓpera Editar o valor en Wikidata
ProfesoresConrado del Campo (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosManuel Balboa Rodríguez Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaHalffter family (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0355137 Allmovie: p161006
BNE: XX1039442 Dialnet: 139253 Musicbrainz: 52bce034-77d2-4da6-a413-c41dd60fd661 Discogs: 3120816 WikiTree: Halffter-3 Editar o valor en Wikidata

Cristóbal Halffter Jiménez-Encina, nado en Madrid o 24 de marzo de 1930 e finado o 23 de maio de 2021 en Vilafranca[1], foi un compositor e director de orquestra español. Sobriño dos tamén compositores Rodolfo e Ernesto Halffter. É adscrito á denominada Xeración do 51, un grupo de compositores que introduciu as novas correntes musicais en España.[2][3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación

[editar | editar a fonte]

Cristóbal Halffter naceu en Madrid o 24 de marzo de 1930 no seo dunha familia de músicos. Amais dos seus tíos Rodolfo e Ernesto, a súa nai era concertista de piano que o iniciou na música, aínda que morreu cando el contaba con tan só once anos, posteriormente lembraba que para el "a música converteuse nun xeito de seguir con ela".[3][4] En 1936 a súa familia trasladouse a Velbert (Alemaña) para escapar da guerra civil española, onde realizou os seus estudos elementais.[5][6] Tres anos despois, en 1939, regresou ao seu Madrid natal.[6] Con todo, foron seus tíos Rodolfo e Ernesto os que fixeron ver a seu pai que era posible vivir da música, axudando a que seu pai non puxera ningún inconveniente na decisión de Cristóbal, quen logo bromearía sobre o tema:[3]

Foi algo moi de agradecer, porque nunha familia 'normal' española se un neno dicía que quería ser compositor, antes de nada o levaban ao psiquiatra para estudialo...”.

Na capital española estudou bacharelato no Colexio Alemán e comezou os seus estudos musicais por libre. En 1947 ingresou no Real Conservatorio, onde estudou harmonía, contrapunto e composición con Conrado del Campo e graduouse en 1951 recibindo o premio extraordinario de Composición coa súa obra para orquestra Scherzo, e fóra do Conservatorio, Halffter recibiu clases de Alexandre Tansman e André Jolivet[4][6] O mesmo ano da súa graduación comeza a traballar en Radio Nacional de España[6] Con todo, o seu primeiro grande éxito chegou en 1952 da man da súa obra Antífona pascual.[7]

En 1954 recibiu unha bolsa de estudos e trasladouse co seu tío Ernesto a París, onde entrou en contacto con Albert Blancafort.[4] Logo dun ano na capital francesa foi nomeado director da Orquestra Falla, posto que ocupou ata o ano 1963.[6] En 1957, residiu en Roma e Milán grazas a outra bolsa. En Italia coñeceu a Luigi Dallapiccola e ao seu discípulo Luciano Berio, amais de Bruno Maderna.[4]

En 1961 representou ao Estado español coa súa obra Formantes no Festival de Londres da Sociedade lntenacional de Música Contemporánea, amais de ser invitado pola UNESCO ao Primeiro Congreso de Encontros de Cultura Leste-Oeste celebrado en Toquio (Xapón). Ese mesmo ano gañou a Cátedra de Composición e Formas Musicais no Conservatorio de Madrid, do que pasou a ser o seu director en 1964. Porén, dous anos despois de asumir a dirección do Conservatorio abandonou o cargo e solicitou a excedencia da súa cátedrapara adicarse á composición e á dirección, coincidindo coa invitación do Departamento de Estado dos Estados Unidos de América para visitar o país e ofrecer conferencias nos seus centros de estudos máis importantes.[4][8]

Éxito internacional

[editar | editar a fonte]

A partir de 1966 con Líneas y puntos para 20 instrumentos de viento y dispositivo electroacústico, Anillos para orquesta e a súa Cantata Symposium, a súa obra adquiriu progresivamente reconñecemento internacional, recibindo o encargo da cantata sobre texto de Norman Corwin[nota 1] Yes, speak out, yes por parte da Organización das Nacións Unidas en 1968, en honor aos Dereitos Humanos, e que sería estreada en 1969 pola Orquestra Nacional de España con el mesmo como director.[10][11] Con estas palabras dirixíase o aquella Secretario Xeral das Nacións Unidas U Thant:[9]

É grato para min coñecer que aceptou a miña invitación para realizar unha obra, sobre o tema dos dereitos humanos, neste mesmo ano. Confío plenamente en que vostede e en Mr. Corwin lograrán unha obra memorable e apropiada para coroar estes vinte anos de loita pola dignidade humana e a liberdade, que se cumprirán o vindeiro 10 de decembro. Acepte as miñas grazas e os meus mellores desexos.

— U Thant (8 de marzo de 1968)

Esta cantata converteuse nunha obra decisiva na traxectoria do compositor debido á súa transcendencia, ao ter unha ampla cobertura por parte da radio, a televisión e a prensa escrita.[9]

En 1967 trasladouse aos Estados Unidos cunha bolsa de estudos para estudar na Ford Foundation, e logo a Berlín na DAA.[6] Na capital alemá reelaborou os seus 3 Brechtlieder, convertidos en 4 Brechtlieder para soprano e orquestra.[12]

A principios dos anos 1970 desenvolveu unha intensa actividade pedagóxica, asumindo a dirección do curso de composición no Festival de Granada en 1970, así como a dirección da Cátedra de Música da Universidade de Navarra. Nestes anos foron habituais as súas colaboracións co Conservatorio de Madrid e coa Escola de Canto. Con todo, pasado este tempo a composición e a dirección pasaron a ser a súa ocupación case exclusiva. Se ben durante toda a súa vida desenvolveu unha importante actividade como director, esta intensificouse a partir da década dos setenta, destacando especialmente na dirección de música contemporánea, o que lle proporcionou unha estabilidade económica que lle permitiu adicarse case en exclusiva á composición.[13]

O 23 de febreiro de 2000, aos 70 anos, Cristóbal Halffter estreou no Teatro Real de Madrid a súa primeira ópera, Don Quijote, que quedou esquecida ata que a Opernhaus de Kiel recuperouna en 2004.[14]

Cristóbal Halffter reside no castelo de Vilafranca do Bierzo, propiedade da familia da súa muller, a pianista María Manuela Caro y Carvajal, dende a súa construción a principios do século XVI.[3]

A vinculación de Cristóbal Halffter ao humanismo, e o compromiso social e ético coa sociedade actual está sempre presente na súa obra, que salienta polo seu carácter interdisciplinar.[3] Nas súas obras reflíctese un profundo compromiso cona problemática humana e social do mundo contemporáneo.[8]

A música de Cristóbal Halffter combina o espírito da música española coas vangardas musicais.[15] A obra de Halffter adoptou progresivamente un carácter máis persoal, se ben o compositor asimilou diversas correntes da música de vangarda como a atonalidade, o dodecafonismo, o serialismo, a música concreta, e a música electrónica, así como a utilización de formas clásicas.[11][16]

Nos anos 1960 Halffter experimentou coa música electrónica, porén abandonouna pola imposibilidade de comunicación ao excluír a presenza humana nun momento no que o problema da comunicación convertérase nun elemento central para o compositor, el mesmo explicábao:[12]

para min ten a electrónica un defecto conxénito, na súa mesma falta de comunicación nada no momento en que desaparece a posibilidade de «refacer» a obra cada vez que se interpreta ante o público.

— Cristóbal Halffter

Con todo, o compositor aproveitou todas as posibilidades, dinámicas, tímbricas, rítmicas e estritamente formais que se derivan dela, como o propio compositor recoñeceu.[12]

A maior parte da súa obra está editada pola editorial austríaca Universal Edition, coa que entrou en contacto en 1960.[8]

Director de orquestra e educador

[editar | editar a fonte]

Dende o seu debut en 1952, a dirección orquestral, especialmente a dirección de obras contemporáneas, converteuse nunha faceta impotante na vida de Halffter, especialmente dende 1969, cando a súa actividade neste eido intensificouse. Halffter ten dirixido a algunhas das máis importantes orquestras europeas e americanas, entre as que compre sinalar: Berliner Philharmoniker, SWR Sinfonieorchester Baden-Baden und Freiburg, Tonhalle Orchester Zürich, Orchestre national de France, Orquestra Nacional de España, London Symphony Orchestra, Orchestre de la Suisse Romande, ou a do Festival de Lucerna.[8]

Amais do seu labor como compositor e director, Cristóbal Halffter ten desenvolvido unha intensa actividade pedagóxica, salientando entre os seus alumnos Jean-Luc Darbellay,[17] David Philip Hefti[18] ou Javier Jacinto[19] entre outros.

Halffter ocupou as cátedras de composición do Real Conservatorio de Música de Madrid (1962-1966) e o de Berna, así como a cátedra de composición dos Cursos de Música Contemporánea de Darmstadt (Alemaña).[8]

Halffter é un férreo defensor da necesidade de incluír unha materia para formar a "sensibilidade oír” no sistema educativo, así como da idea de que o futuro de Europa pasa piola cultura e non sola economía, mostrándose mi crítico coa sociedade consumista actual.[3]

Premios e recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Cristóbal Halffter é académico da Academia Europea das Ciencias, as Artes e as Letras de París, tendo recibido outros numerosos galardóns, tanto a nivel nacional como internacional.[8] É considerado o compositor español que acadou maior éxito internacional, tendo sido recoñecido pola International Society for Contemporary Music, a UNESCO, entre outras.[5][15]

En 1977, a súa preocupación política e social levouno a presentarse como senador independente por León, mais non conseguiu ser elixido.[8]

Residente no Bierzo, o Conservatorio Profesional de Música de Ponferrada leva o seu nome.[23]

  1. Foi o propio Corwin quen aconsellou a U Thant o encargo da obra a Cristóbal Halffter logo de escoitar a estrea de Symposium en Madrid, quedando abraiado coa obra de decidindo que a obra musical que festexase os Dereitos Humanos seguise aquela liña expresiva.[9]
Referencias
  1. EFE (23 de maio de 2021). "Falece o compositor e director de orquestra Cristóbal Halffter aos 91 anos". Faro de Vigo. Consultado o 24 de maio de 2021. 
  2. "CONTEMPORARY MUSIC 2ND EDITION (2009). CRISTÓBAL HALFFTER" (en inglés). Fundación BBVA. Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2016. Consultado o 8 de febreiro de 2016. 
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 "El maestro libre". El Norte de Castilla (en castelán). 1 de decmbro de 2013. Consultado o 19 de febreiro de 2016. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 "Cristóbal Halffter" (en inglés). biografiasyvidas.com. Consultado o 31 de decembro de 2015. 
  5. 5,0 5,1 "La libertad imaginada de Cristóbal Halffter". Imprescindibles (en castelán). Radio Televisión Española. Consultado o 31 de decembro de 2015. 
  6. 6,00 6,01 6,02 6,03 6,04 6,05 6,06 6,07 6,08 6,09 6,10 6,11 6,12 6,13 6,14 6,15 "Cristóbal Halffter. Biography" (en inglés). Universal Edition. Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2016. Consultado o 31 de decembro de 2015. 
  7. "Cristobal Halffter" (en inglés). BuscaBiografías.com. Consultado o 31 de decembro de 2015. 
  8. 8,00 8,01 8,02 8,03 8,04 8,05 8,06 8,07 8,08 8,09 8,10 8,11 8,12 8,13 "Biografía. Cristóbal Halffter. Cronología" (en castelán). Instituto Cervantes. Consultado o 12 de febreiro de 2016. 
  9. 9,0 9,1 9,2 (Casares Rodicio 1980, p. 130)
  10. "Cristobal Halffter (1930/03/24 - Unknown)" (en castelán). buscabiografias.com. Consultado o 7 de febreiro de 2016. 
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 "Cristóbal Halffter" (en castelán). españaescultura.es. Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2017. Consultado o 8 de febreiro de 2016. 
  12. 12,0 12,1 12,2 (Casares Rodicio 1980, p. 124)
  13. (Casares Rodicio 1980, pp. 142-143)
  14. "C. Halffter estrenará su ópera «Schachnovelle» el 18 de mayo en Kiel" (en castelán). Opera World. 23 de febreiro de 2013. Consultado o 7 de febreiro de 2015. 
  15. 15,0 15,1 15,2 "CRISTOBAL HALFFTER (b 1930 )" (en inglés). Naxos Records. Consultado o 7 de febreiro de 2016. 
  16. "Cristóbal Halffter: "La crisis económica que estamos viviendo se fundamenta en una crisis moral y ética"". El Norte de Castilla (en castelán). 1 de decembro de 2013. Consultado o 21 de febreiro de 2016. 
  17. "Biography" (en inglés). jean-luc-darbellay.ch. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 12 de febreiro de 2016. 
  18. "David Philip Hefti" (en alemán). Edition Peters. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 12 de febreiro de 2016. 
  19. "Biografía" (en castelán). javierjacinto.com. Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2016. Consultado o 12 de febreiro de 2016. 
  20. "Cristóbal Halffter" (en alemán). Berlín: Akademie der Künste. Consultado o 15 de febreiro de 2016. 
  21. "Premio Nacional de Música" (en castelán). Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Consultado o 8 de febreiro de 2016. 
  22. "Rajoy preside la entrega de las condecoraciones de la Orden Civil de Alfonso X El Sabio" (en castelán). Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. 21 de xaneiro de 2016. Consultado o 15 de febreiro de 2016. 
  23. "Conservatorio de Música "CRISTÓBAL HALFFTER"" (en castelán). Xunta de Castela e León. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 21 de febreiro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]