Cuartos de dólar America the Beautiful

Cuarto de dólar America the Beautiful
Anverso común

Retrato de perfil George Washington cara á esquerda. Marcas de gravador (JF e WC) e marca de ceca.

Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / LIBERTY / IN GOD WE TRUST / QUARTER DOLLAR.

Os cuartos de dólar America the Beautiful (coñecidos tamén como cuartos de dólar dos parques nacionais) son unha serie de 56 moedas con valor facial dun cuarto de dólar emitidas pola Casa da Moeda dos Estados Unidos entre 2010 e 2021.[1]

O deseño común do anverso desta serie correspóndese co coñecido como cuarto de dólar Washington, creado por John Flanagan en 1923 e adaptado nesta ocasión polo gravador da US Mint William Cousins, en tanto que anualmente se cuñaron cinco reversos diferentes, cada un dos cales conmemora un sitio natural ou histórico dos Estados Unidos coa consideración de parque nacional, lugar histórico nacional ou bosque nacional. A orde en que foron emitidos correspóndese coa da data en que cada lugar acadou a declaración de sitio nacional.[1][2]

O programa dos cuartos de dólar America the Beautiful foi autorizado pola Lei Pública 110-456, do 23 de decembro de 2008, asinada polo presidente George W. Bush.[3]

Ao longo da existencia desta serie, ocupáronse da súa produción catro cecas da Casa da Moeda dos Estados Unidos, cada unha das cales imprimiu a súa particular marca de ceca no anverso das moedas, á dereita do busto de Washington, debaixo do lema IN GOD WE TRUST.[1][4]

As moedas cuñadas na Ceca de Filadelfia e na Ceca de Denver —as máis habituais no que a moedas circulantes se refire— correspóndense coas marcas de ceca "P" e "D", respectivamente.[1][4]

En 2010 e en 2011, a Ceca de San Francisco ("S") produciu moedas co acabamento especial proof —fondo espello e relevo mate— non destinadas á circulación senón ao coleccionismo numismático, e todas elas pasaron a formar parte dos estoxos de presentación anuais. A partir de 2012, a Ceca de San Francisco continuou coa cuñaxe das mesmas moedas que se producían en Filadelfia e en Denver, xa co acabamento estándar mais igualmente destinadas á venda aos coleccionistas e non á súa posta en circulación.[2][5]

Marca V75 no anverso da moeda de 2020 da Ceca de West Point.

O 2 de abril de 2019, a Casa da Moeda dos estados Unidos anunciou que a Ceca de West Point produciría dez millóns de cuartos de dólar desta serie (dous millóns de cada un dos cinco deseños anuais) coa súa marca de ceca "W", tanto en 2019 como en 2020. Era a primeira vez que esta marca de ceca aparecía sobre unha moeda posta en circulación.[2][6][7]

En 2020 o anverso común da serie viuse alterado nas moedas cuñadas na Ceca de West Point, co engadido da marca V75 á esquerda do busto de Washington, con motivo de conmemorar o 75º aniversario da vitoria dos aliados e a fin da segunda guerra mundial. Esta marca aparece inscrita dentro dunha cartela que reproduce o contorno da Rainbow Pool ("Piscina do Arco da Vella") do Memorial Nacional á segunda guerra mundial, en Washington.[8][9]

Reversos específicos

[editar | editar a fonte]
Estatuas do monte Rushmore, reproducidas nun cuarto de dólar de 2013.

A escolla dos deseños dos reversos de cada cuarto de dólar desenvolveuse mediante a cooperación entre a Casa da Moeda dos Estados Unidos e a entidade federal responsable da supervisión, a xestión ou conservación de cada lugar nacional.[1][2]

As propostas de deseño foron revisadas pola Comisión de Belas Artes, polo Comité Consultivo Cidadán sobre a Moeda, polo gobernador de cada estado ou territorio e polo secretario do Interior. Finalmente, os deseños dos 56 parques e sitios nacionais foron seleccionados polo secretario do Tesouro dos Estados Unidos, tendo en conta a recomendación da US Mint e as opinións recibidas ao longo do proceso.[1][2]

Para a decisión final, o secretario do Tesouro dispuña dun prazo de 270 días a partir da promulgación da lei que autorizara o programa. O 9 de setembro de 2009 deuse a coñecer a listaxe de lugares que se incluirían no programa.[10] Tamén se estableceu a orde de emisión, con base na orde en que os sitios escollidos foran designados polo Goberno federal como "sitios nacionais".[2]

Na seguinte táboa reflíctense os reversos específicos de cada un dos cuartos de dólar da serie America the Beautiful, así como os datos máis salientables de cada moeda:[1][4]

Ano Deseño do reverso Lugar Descrición Lanzamento Deseño / gravado Tiraxes das moedas circulantes
Denver Filadelfia West Point Total
2010
Parque Nacional Hot Springs, Arcansas.[11] Fonte termal no edificio principal da sede do parque. 19/04/2010 D. Everhart / J. Menna 34.000.000 35.600.000 69.600.000
Parque Nacional de Yellowstone, Wyoming.[12] Un bisonte e o géyser Old Faithful. 01/06/2010 D. Everhart 34.800.000 33.600.000 68.400.000
Parque Nacional de Yosemite, California.[13] Formación rochosa El Capitán. 26/07/2010 J. Menna / P. Hemphill 35.000.000 35.000.000 70.000.000
Parque Nacional do Gran Canón, Arizona.[14] O Canón de Mármore, no río Colorado. 20/09/2010 P. Hemphill 35.400.000 34.800.000 70.200.000
Bosque Nacional Mount Hood, Oregón.[15] O Lago Perdido, co Monte Hood ao fondo. 15/11/2010 P. Hemphill 34.400.000 34.400.000 68.800.000
2011
Parque Militar Nacional de Gettysburg, Pensilvania.[16] Monumento ao 72º de Infantaría de Pensilvania. 24/01/2011 J. Iskowitz / P. Hemphill 30.400.000 30.800.000 61.200.000
Parque Nacional de Glacier, Montana.[17] Cabra (Oreamnos americanus) coa montaña Reynolds ao fondo. 04/04/2011 B. Fox / C. L. Vickers 31.200.000 30.400.000 61.600.000
Parque Nacional Olympic, Washington.[18] Un cérvido (Cervus canadensis roosevelti) no río Hoh co monte Olympus ao fondo. 13/06/2011 S. Gamble / M. Gaudioso 30.500.000 30.500.000 61.000.000
Parque Militar Nacional de Vicksburg, Mississippi.[19] O buque USS Cairo (1862) no río Yazoo. 29/08/2011 T. Cleveland / J. Menna 33.400.000 30.800.000 64.200.000
Área Recreativa Nacional Chickasaw, Oklahoma.[20] A ponte Lincoln. 14/11/2011 D. Weaver / J. Licaretz 69.400.000 73.800.000 143.200.000
2012
Bosque Nacional El Yunque, Porto Rico.[21] Papagaio portorriqueño e ra coquí 23/01/2012 G. Whitley / M. Gaudioso 25.000.000 25.800.000 50.800.000
Parque Histórico Nacional da Cultura Chaco, Novo México.[22] Dúas construcións (kivas) elevadas, no complexo Chetro Ketl. 02/04/2012 D. Weaver / P. Hemphill 22.000.000 22.000.000 44.000.000
Parque Nacional Acadia, Maine.[23] Faro Bass Harbor Head Lighth. 11/06/2012 B. Fox / J. Menna 21.606.000 24.800.000 46.406.000
Parque Nacional dos Volcáns, Hawai.[24] Volcán Kilauea. 27/08/2012 C. L. Vickers 78.600.000 46.200.000 124.800.000
Parque Nacional e Reserva Denali, Alasca.[25] Carneiro de Dall coa montaña Denali ao fondo. 05/11/2012 S. Gamble / J. Licaretz 166.600.000 135.400.000 302.000.000
2013
Bosque Nacional White Mountain, New Hampshire.[26] O monte Chocorua con bidueiros en primeiro plano. 28/01/2013 P. Hemphill 107.600.000 68.800.000 176.400.000
Monumento á Vitoria de Perry e á Paz Internacional, Ohio.[27] Estatua de O. H. Perry e columna do Monumento á Paz Internacional. 01/04/2013 D. Everhart 55.000.000 45.000.000 100.000.000
Parque Nacional da Gran Conca, Nevada.[28] Piñeiro (Balfourianae). 10/06/2013 R. D. Sanders / R. Gordon 141.400.000 122.400.000 263.800.000
Monumento Nacional Fort McHenry, Maryland.[29] O Fort McHenry baixo un bombardeo. 26/08/2013 J. Menna 151.400.000 120.000.000 271.400.000
Monumento Nacional Monte Rushmore, Dacota do Sur.[30]
[Premio Moeda do Ano á moeda circulante] [31][32]
Traballadores esculpindo as estatuas do Monte Rushmore. 04/11/2013 J. Menna 272.400.000 231.800.000 504.200.000
2014
Parque Nacional das Grandes Montañas Fumegantes, Tennessee.[33] Cabana de madeira no bosque e un falcón en voo. 27/01/14 C. Costello / R. Gordon 99.400.000 73.200.000 172.600.000
Parque Nacional Shenandoah, Virxinia.[34] Excursionista no cumio do Stony Man Trail. 07/04/14 P. Hemphill 197.800.000 112.800.000 310.600.000
Parque Nacional dos Arcos, Utah.[35] O Arco Delicado coas montañas La Sal ao lonxe. 09/06/14 D. Weaver / C. L. Vickers 251.400.000 214.200.000 465.600.000
Parque Nacional e Reserva das Grandes Dunas de Area, Colorado.[36] Pai e fillo á beira dun regato; ao fondo dunas e as montañas Sangue de Cristo. 25/08/14 D. Everhart 171.800.000 159.600.000 331.400.000
Parque Nacional dos Everglades, Florida.[37] Unha anhinga nun salgueiro, e un cullereiro rosa na auga. 03/11/14 J. Iskowitz / J. Menna 142.400.000 157.601.000 300.001.200
2015
Parque Histórico Nacional Homestead, Nebrasca.[38] Cabana de madeira, dúas espigas de millo e unha bomba de auga. 09/02/2015 R. D. Sanders / J. Licaretz 248.600.000 214.400.000 463.000.000
Bosque Nacional Kisatchie, Luisiana.[39]
[Premio Moeda do Ano á moeda circulante][40]
Pavo salvaxe voando baixo, con piñeiros (Pinus palustris) ao fondo. 13/04/2015 S. Gamble / J. Menna 379.600.000 397.200.000 776.800.000
Camiño Rural Blue Ridge, Carolina do Norte.[41] Tramo do camiño, cun sangomiño florido (Cornus florida) en primeiro plano. 22/06/2015 F. Morris / J. Menna 505.200.000 325.616.000 830.816.000
Refuxio Nacional da vida silvestre Bombay Hook, Delaware.[42] Garza azul (Ardea herodias) diante e garza branca atrás, nunha marisma. 14/09/2015 J. Iskowitz / P. Hemphill 206.400.000 275.000.000 481.400.000
Parque Histórico Nacional de Saratoga, Nova York.[43] Plano detalle de John Burgoyne entregándolle a espada a Horatio Gates. 16/11/2015 B. Fox / R. Gordon 215.800.000 223.000.000 438.800.000
2016
Bosque Nacional Shawnee, Illinois.[44] A Camel Rock con vexetación e unha ave rapaz (Buteo jamaicensis) no alto. 08/02/2016 J. Kunz 151.800.000 155.600.000 307.400.000
Parque Histórico Nacional Cumberland Gap, Kentucky.[45] Un home ollando a través das montañas Cumberland, cara ao oeste. 11/04/2016 B. Fox / J. Menna 223.200.000 215.400.000 438.600.000
Parque Histórico Nacional Harpers Ferry, Virxinia Occidental.[46] John Brown's Fort. 20/06/2016 T. Hipschen / P. Hemphill 424.000.000 434.630.000 858.630.000
Parque Nacional Theodore Roosevelt, Dacota do Norte.[47] Theodore Roosevelt a cabalo preto do río Little Missouri. 12/09/2016 J. Iskowitz / P. Hemphill 223.200.000 231.600.000 454.800.000
Monumento Nacional Fort Sumter, Carolina do Sur.[48] William Jasper devolve a bandeira do rexemento ás murallas de Fort Moultrie. 11/14/2016 R. Scott / J. Menna 142.200.000 154.400.000 296.600.000
2017
Monumento Nacional Effigy Mounds, Iowa.[49] Vista aérea dos Outeiros das Efixies no Marching Bear Group. 06/02/2017 R. Masters / R. Gordon 210.800.000 271.200.000 482.000.000
Sitio Histórico Nacional Frederick Douglass, Distrito de Columbia.[50] Frederick Douglass sentado nun escritorio, coa súa casa ao fondo. 03/04/2017 T. Hipschen / P. Hemphill 185.800.000 184.800.000 370.600.000
Ríos Escénicos Nacionais de Ozark, Missouri.[51] Muíño de roletes Alley Mill. 05/06/2017 R. D. Sanders / R. Gordon 200.000.000 203.000.000 403.000.000
Monumento Nacional da Estatua da Liberdade e a Illa Ellis, Nova Jersey.[52] Familia inmigrante achegándose á Illa Ellis. 28/08/2017 B. Fox. / P. Hemphill 254.000.000 234.000.000 488.000.000
Parque Histórico Nacional George Rogers, Indiana.[53] George Rogers Clark dirixe os seus homes cara a Fort Sackville. 13/11/2017 F. Morris / M. Gaudioso 180.800.000 196.600.000 377.400.000
2018
Pictured Rocks National Lakeshore, Míchigan.[54] Chapel Rock e un piñeiro. 02/05/2018 P. C. Balan / M. Gaudioso 182.600.000 186.714.000 369.314.000
Apostle Islands National Lakeshore, Wisconsin.[55] A illa Devils, coas covas mariñas e o seu faro; caiaquista en primeiro termo. 04/09/2018 R. Masters / R. Gordon 216.600.000 223.200.000 439.800.000
Parque Nacional dos Voyageurs, Minnesota.[56] Unha movella grande e un cantil ao fondo. 06/11/2018 P. Lucas-Morris / J. Menna 197.800.000 237.400.000 435.200.000
Costa Nacional da Illa Cumberland, Xeorxia.[57] Unha ha¡¡garza pequena (Egretta thula), cunha marisma ao fondo. 08/27/2018 D. Weaver / D. Everhart 151.600.000 138.000.000 289.600.000
Refuxio da Vida Silvestre de Block Island, Rhode Island.[58] Garza da noite voando sobre a praia de Cow Cove, co faro do Norte ao fondo. 11/13/2018 C. Costello / P. Hemphill 159.600.000 159.600.000 319.200.000
2019
Parque Histórico Nacional de Lowell, Massachusetts.[59] Nena traballando nun tear; pola fiestra vese a torre do reloxo de Boott Mills. 02/04/2019 J. Skowitz / P. Hemphill 182.200.000 165.800.000 2.000.000 350.000.000
Parque Memorial Estadounidense, Illas Marianas do Norte.[60] Rapaza chamorro. 04/01/2019 D. Weaver / P. Hemphill 182.600.000 142.800.000 2.000.000 327.400.000
Parque Histórico Nacional da Guerra do Pacífico, Guam.[61] Forzas dos EEUU desembarcando na Batalla de Guam (1944). 06/03/2019 J. Iskowits / M. Gaudioso 114.400.000 116.600.000 2.000.000 233.000.000
Parque Histórico Nacional das Misións de San Antonio, Texas.[62] Símbolos das misións, dentro dos ángulos dunha cruz grega. 08/26/2019 C. Costello / J. Menna 129.400.000 142.800.000 2.000.000 274.200.000
Frank Church (Río do Non-Retorno Wilderness), Idaho.[63] Bote no río Salmón, con natureza ao fondo. 11/04/2019 E. Damstra / R. Gordon 251.600.000 223.400.000 2.000.000 75.000.000
2020
Parque Nacional da Samoa Americana, Samoa Americana.[64] Nai e cachorro de raposo voador de Samoa (Pteropus samoensis). 02/03/2020 R. Masters / P. Hemphill 212.200.000 286.000.000 2.000.000 498.000.000
Sitio Histórico Nacional Weir Farm, Connecticut.[65] Artista pintando no exterior da granxa Weir. 04/06/2020 J. Kuns / P. Hemphill 155.000.000 125.600.000 2.000.000 280.600.000
Parque Histórico Nacional e Reserva Ecolóxica Salt River Bay, Illas Virxes estadounidenses..[66] Exemplar novo de Rhizophora mangle. 06/01/2020 R. Masters / J. Menna 515.000.000 580.200.000 2.000.000 1.092.800.000
Parque Histórico Nacional Marsh-Billings-Rockefeller, Vermont.[67] Rapaza plantando unha semente de abeto vermello. 08/31/2020 D. Weaver / M. Gaudioso 345.800.000 304.600.000 2.000.000 650.400.000
Reserva Nacional da Chaira Tallgrass, Kansas.[68] Bolboreta (Speyeria idalia) voando sobre a chaira. 11/16/2020 E. Damstra / R. Gordon 142.400.000 101.200.000 2.000.000 245.600.000
2021
Sitio Histórico Nacional Tuskegee Airmen, Alabama.[69] Un aviador de Tuskegee coloca o casco; dous Mustang P-51 sobrevóano. 02/01/2021 C. Costello / P. Hemphill 304.000.000 160.400.000 464.400.000

Fin da serie

[editar | editar a fonte]
Anverso da nova emisión de 2021.[70]

A lei de 2008 pola que se creaba o programa dos cuartos de dólar America the Beautiful dáballe ao secretario do Tesouro a posibilidade de continuar cunha segunda rolda con outras 56 modas dedicadas aos parques nacionais,[3] mais Steven Mnuchin rexeitou esa opción. Consonte a lei, logo da finalización do programa en 2021, o anverso da moeda dun cuarto de dólar volvería a ser exactamente o deseñado por Flanagan e utilizado desde 1932 ata o inicio da serie de cuartos de dólar dos 50 estados en 1999. O 30 de marzo de 2001 anunciouse o cesamento das cuñaxes da serie America the Beautiful[71] e de inmediato comezou a cuñarse o novo cuarto de dólar, co xa citado anverso e cun reverso redeseñado que amosa a Washington cruzando o río Delaware.[72]

Moeda da serie Mulleres Americanas (2022).[73]

Finalmente, coa aprobación da Lei de Redeseño de Moedas Circulantes de Colección en 2021 (Lei Pública 116-330, do 13 de xaneiro), estableceuse un novo calendario de programas de moedas dun cuarto de dólar circulantes conmemorativas, que comeza coa serie American Women (2022-2025),[74] a dedicada ao 250º aniversario dos Estados Unidos (2026) e outra serie dedicada aos deportes xuvenís (2027-2030).[75]

Mapa das emisións anuais

[editar | editar a fonte]

No seguinte mapa amósanse os anos nos que a moeda dun cuarto de dólar conmemorou cada parque nacional ou sitio nacional, así como o estado ou territorio ao que este pertence:

A táboa seguinte reflicte os cuartos de dólar agrupados por ano de emisión e, dentro de cada ano, a orde do seu lanzamento. As cores correspóndense coas do mapa anterior, para facilitar a localización dos grupos por estados ou territorios

Cor Ano Lanzamento
2010 Hot Springs (Arcansas) Yellowstone (Wyoming) Yosemite (California) Gran Canón (Arizona) Mount Hood (Oregón)
2011 Gettysburg (Pensilvania) Glacier (Montana) Olympic (Washington) Vicksburg (Mississippi) Chickasaw (Oklahoma)
2012 El Yunque (P. Rico) Cultura Chaco (N. México) Acadia (Maine) Volcáns (Hawai) Denali (Alasca)
2013 White Mountain (New Hampshire) Vitoria de Perry (Ohio) Gran Conca (Nevada) Fort McHenry (Maryland) Monte Rushmore (Dacota S.)
2014 Montañas Fumegantes (Tennessee) Shenandoah (Virxinia) Os Arcos (Utah) Grandes dunas (Colorado) Everglades (Florida)
2015 Homestead (Nebrasca) Kisatchie (Luisiana) Blue Ridge (Carolina N.) Bombay Hook (Delaware) Saratoga (N. York)
2016 Shawnee (Illinois) Cumberland Gap (Kentucky) Harpers Ferry (Virxinia O.) T. Roosevelt (Dacota N.) Fort Moultrie (Carolina S.)
2017 Effigy Mounds (Iowa) Frederick Douglass (D. Columbia) Ozark (Missouri) Illa Elis (N. Jersey) G. R. Clark (Indiana)
2018 Pictured Rocks (Míchigan) Apostle Islands (Wisconsin) Voyageurs (Minnesota) Illa Cumberland (Xeorxia) Block Island (Rhode Island)
2019 Lowell (Massachusetts) American Memorial (I. Marianas) Guerra do Pacífico (Guam) Misións S. Antonio (Texas) Frank Church (Idaho)
2020 Samoa Americana Weir Farm (Connecticut) Salt River Bay (I. Virxes) Marsh-Billings-Rockefeller (Vermont) Tallgrass Prairie (Kansas)
2021 Tuskegee Airmen (Alabama)
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "America the Beautiful Quarters Program". United States Mint
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "America the Beautiful Quarters". Americathebeautifulquarters.com
  3. 3,0 3,1 "Public Law 110-456 - DEC. 23, 2008". Govinfo.gov
  4. 4,0 4,1 4,2 ""America the Beautiful" Quarters Program". Numista.com
  5. "United States Mint to Release the First America the Beautiful Quarters Program Coin with the San Francisco Mint mark on June 21". United States Mint. 25 de maio de 2012.
  6. "U.S. Mint Announces W Mint Mark Circulating Quarter Collectible". United States Mint. 2 de abril de 2919.
  7. Gilkes, P. (2019). "U.S. Mint strikes West Point quarters for circulation Arquivado 25 de outubro de 2022 en Wayback Machine.". En Coin World. 2 de abril.
  8. Meredith, S. (2020). "Privy Marks on Coins: 2020 End of World War II Privy Mark". United States Mint. 6 de abril.
  9. Gilkes, P. (2020). "Adding V75 privy mark means 2020-W quarter for American Samoa will be released last". En Coin World. 24 de xaneiro.
  10. "United States Mint America the Beautiful Quarters™ Program Announced". United States Mint. 9 de setembro de 2009.
  11. "Hot Springs, Arkansas". Numista.com
  12. "Yellowstone, Wyoming". Numista.com
  13. "Yosemite, California". Numista.com
  14. "Grand Canyon, Arizona". Numista.com
  15. "Mount Hood, Oregon". Numista.com
  16. "Gettysburg National Military Park, Pennsylvania". Numista.com
  17. "Glacier National Park, Montana". Numista.com
  18. "Olympic National Park, Washington". Numista.com
  19. "Vicksburg National Military Park, Mississippi". Numista.com
  20. "Chickasaw National Recreation Area, Oklahoma". Numista.com
  21. "El Yunque National Forest, Puerto Rico". Numista.com
  22. "Chaco Culture National Historical Park, New Mexico". Numista.com
  23. "Acadia National Park, Maine". Numista.com
  24. "Hawai'i Volcanoes National Park, Hawaii". Numista.com
  25. "Denali National Park and Preserve, Alaska". Numista.com
  26. "White Mountain National Forest, New Hampshire". Numista.com
  27. "Perry's Victory, Ohio". Numista.com
  28. "Great Basin National Park, Nevada". Numista.com
  29. "Fort McHenry, Maryland". Numista.com
  30. "Mount Rushmore, South Dakota". Numista.com
  31. "2015 Coin of the Year Award Category Winners Arquivado 31/01/2021, en Wayback Machine.". World Mint News Blog. 18 de novembro de 2014.
  32. Scarinci, D. (2015). Coin of the Year: Celebrating Three Decades of the Best in Coin Design and Craftsmanship. Krause Publications. ISBN 978-1-4402-4476-6. Páxina 217.
  33. "Great Smoky Mountains, Tennessee". Numista.com
  34. "Shenandoah National Park, Virginia". Numista.com
  35. "Arches National Park, Utah". Numista.com
  36. "Great Sand Dunes, Colorado". Numista.com
  37. "Everglades National Park, Florida". Numista.com
  38. "Homestead National Monument of America, Nebraska". Numista.com
  39. "Kisatchie National Forest, Louisiana". Numista.com
  40. "Coin of the Year's 10 winners". En Numismatic News. 15 de decembro de 2016.
  41. "Blue Ridge Parkway, North Carolina". Numista.com
  42. "Bombay Hook National Wildlife Refuge, Delaware". Numista.com
  43. "Saratoga National Historical Park, New York". Numista.com
  44. "Shawnee National Forest, Illinois". Numista.com
  45. "Cumberland Gap National Historical Park, Kentucky". Numista.com
  46. "Harpers Ferry National Historical Park, West Virginia". Numista.com
  47. "Theodore Roosevelt National Park, North Dakota". Numista.com
  48. "Fort Moultrie at Fort Sumter National Monument, South Carolina". Numista.com
  49. "Effigy Mounds National Monument, Iowa". Numista.com
  50. "Frederick Douglass National Historic Site, District of Columbia". Numista.com
  51. "Ozark National Scenic Riverways, Missouri". Numista.com
  52. "Ellis Island (Statue of Liberty National Monument), New Jersey". Numista.com
  53. "George Rogers Clark National Historical Park, Indiana". Numista.com
  54. "Pictured Rocks National Lakeshore, Michigan". Numista.com
  55. "Apostle Islands National Lakeshore, Wisconsin". Numista.com
  56. "Voyageurs National Park, Minnesota". Numista.com
  57. "Cumberland Island National Seashore, Georgia". Numista.com
  58. "Block Island National Wildlife Refuge, Rhode Island". Numista.com
  59. "Lowell National Historical Park, Massachusetts". Numista.com
  60. "American Memorial Park, Northern Mariana Islands". Numista.com
  61. "War in the Pacific National Historical Park, Guam". Numista.com
  62. "San Antonio Missions National Historical Park, Texas". Numista.com
  63. "Frank Church River of No Return Wilderness, Idaho". Numista.com
  64. "National Park of American Samoa". Numista.com
  65. "Weir Farm National Historic Site, Connecticut". Numista.com
  66. "Salt River Bay National Historical Park and Ecological Preserve, U.S. Virgin Islands". Numista.com
  67. "Marsh-Billings-Rockefeller National Historical Park, Vermont". Numista.com
  68. "Tallgrass Prairie National Preserve, Kansas". Numista.com
  69. "Tuskegee Airmen National Historic Site, Alabama". Numista.com
  70. "¼ Dollar "Washington Quarter" Crossing the Delaware". Numista.com
  71. McPike, S. (2021). "The End of an Era: America the Beautiful Quarters Program Comes to a Close". United States Mint. 30 de marzo.
  72. "United States Mint Announces New Quarter Dollar Reverse Design". United States Mint. 20 de decembro de 2020.
  73. "¼ Dollar ''Washington Quarter''". Numista.com
  74. "American Women Quarters Program". United States Mint.
  75. "Public Law116-330 - JAN. 13, 2021". Govinfo.gov

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Cuartos de dólar do Distrito de Columbia e dos territorios dos Estados Unidos

Cuarto de dólar estadounidense

(2010 - 2021)
Sucesor:
Cuartos de dólar Mulleres Americanas