Dear Science | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de TV on the Radio | ||||
Publicado | 22 de setembro de 2008 | |||
Duración | 50:21 | |||
Xénero(s) | art rock, indie rock, funk | |||
Selo(s) | Interscope (EEUU e o Canadá) Touch and Go (iTunes) 4AD (resto do mundo) | |||
Produtor | David Andrew Sitek | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Dear Science é o terceiro álbum da banda estadounidense de art rock TV on the Radio, editado o 22 de setembro do 2008 por Interscope Records nos Estados Unidos e o Canadá, por Touch and Go Records en iTunes e por 4AD no resto do mundo. A súa edición en vinilo inclúe tamén un cupón para unha descarga gratuíta do mesmo en MP3.
Dear Science foi elixido o mellor álbum do 2008 por Rolling Stone, The Guardian, Spin, MTV, Entertainment Weekly, os lectores de Pitchfork Media e Village Voice. Pitchfork Media situouno no número 140 da súa lista do 200 álbums dos anos 2000, e no 6 dos 50 mellores álbums do 2008.