Ed Macauley | |
---|---|
Posición | Pivote |
Dorsal | 50, 20, 22 |
Altura | 2,03 m (6 ft 8 in) |
Peso oficial | 84 kg (185 lb) |
Nacemento | 22 de marzo de 1928 (96 anos) St. Louis, Missouri |
Carreira | |
Universidade | St. Louis |
NBA Draft | 1949 / Elección: Territorial Por St. Louis Bombers |
Tempadas | 1949–1959 |
Equipo(s) | |
| |
Estatísticas (NBA) | |
Puntos | 11 234 |
Rebotes | 4 325 |
Asistencias | 2 079 |
Stats @ Basketball-Reference.com | |
Premios | |
| |
Basketball Hall of Fame como xogador | |
Adestrador | |
Charles Edward "Ed" Macauley, nado o 22 de marzo de 1928 en St. Louis, Missouri, é un antigo xogador estadounidense de baloncesto profesional da NBA.
Asistiu ao instituto e á Universidade de Saint Louis, onde o seu equipo gañou o campionato NIT en 1948. Foi nomeado "AP Xogador do Ano" en 1949.
Foi elixido no Draft da BAA de 1949 por St. Louis Bombers como elección territorial, xogando ademais en Boston Celtics e St. Louis Hawks. Foi nomeado MVP do primeiro All-Star Game da historia da liga, e foi seleccionado no mellor quinteto do ano en tres ocasións consecutivas. No segundo quinteto apareceu unha vez, na 1953-54, mesma tempada que liderou a NBA en porcentaxe de tiros de campo. O seu traspaso xunto con Cliff Fagan trouxo a Bill Russell a Boston Celtics. Macauley anotou 11.234 puntos en toda a súa carreira e entrou no Basketball Hall of Fame en 1960.