Eduardo García-de Enterría y Martínez-Carande, nado en Ramales de la Victoria (Cantabria) o 27 de abril de 1923 e finado en Madrid o 16 de setembro de 2013, foi un xurista español.
Estudou Dereito na Universidade de Barcelona e licenciouse na Universidade Complutense de Madrid, onde ademais se doutorou. Despois ampliou a súa formación académica en Londres e na Universidade de Thüringen.
En 1947 accedeu a un posto como letrado no Consello de Estado e posteriormente obtivo as cátedras de Dereito administrativo nas Universidades de Valladolid (1957) e Complutense de Madrid (1962). Como xurista participou na redacción de anteproxectos de lei en España e colaborou como experto legal na redacción da Constitución Española de 1978.
Precisamente nese ano entrou a formar parte do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos de Estrasburgo como xuíz, e permaneceu no cargo ata 1986. Xubilouse en 1988 e pasou a ser profesor emérito da Complutense e membro do Colegio Libre de Eméritos de Madrid.
Presidiu a Fédération International pour le Droit Européen (FIDE); a Asociación Española para el estudio del Derecho europeo, e pertenceu ao consello académico da Facultade de Dereito da Universidade Harvard. Foi elixido en 1970 académico da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación e en 1994 Académico da Real Academia Española; o seu discurso de ingreso versou sobre os aspectos lingüísticos do Dereito Público europeo trala Revolución Francesa.
Afeccionado á obra literaria de Jorge Luis Borges, escribiu ensaios sobre o escritor arxentino e apoiou asociacións de estudo da súa obra e figura.
Fundador e director da Revista Española de Derecho Administrativo desde 1974, tamén colaborou coa Rivista di Diritto Europeo dell'Economia, Yearbook of European Law, Nomos-Praxis des europäschen Rechts, Revue Trimestrielle del Droits de l'Homme, European Review of Public Law, Annuaire lnternational de Justice Constitutionnelle, Estado e Direito ou a Revista Española de Derecho Constitucional
É doutor honoris causa polas universidades de¨
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eduardo García de Enterría |