El Chorro

Desfiladeiro dos Gaitanes en El Chorro.

El Chorro é unha aldea pertencente ao municipio de Álora situada á beira dun encoro sobre o río Guadalhorce, preto de Ardales, na provincia de Málaga. En 2012 tiña unha poboación de 245 habitantes.

É un dos principais centros de escalada sobre roca de Europa debido a estar situado xunto ao Desfiladeiro dos Gaitanes. Ao fío deste desfiladeiro atópase o Caminito del Rey, coñecido polo seu perigo e reaberto ao público en marzo de 2015. Hai unha estación de tren na aldea que conecta con Málaga e Sevilla.