(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Emma Ríos Maneiro 1 de abril de 1976 (48 anos) Vilagarcía de Arousa, España |
Educación | Universidade da Coruña |
Actividade | |
Campo de traballo | Ilustración e banda deseñada |
Ocupación | artista de banda deseñada, debuxante, ilustradora |
Xénero artístico | Banda deseñada |
Premios | |
| |
Emma Ríos Maneiro, nada en Vilagarcía de Arousa o 1 de abril de 1976,[1] é unha debuxante de banda deseñada galega.
Emma Ríos viviu en Ourense e dende nova leu tebeos como La patrulla X de Chris Claremont, Nuevos Mutantes de Sienkiewicz e sobre todo Akira de Katsuhiro Otomo, que foi o que decantou a súa vocación.[2] Porén, descartou o uso de grises, tramas augadas propias do manga nos seus primeiros fanzines de fotocopias. Por contra, valorou máis o acabado de tinta de autores coma John Buscema, Harvey Kurtzman ou Jack Kirby.[2]
Licenciouse en arquitectura na Universidade da Coruña. Estes estudos servíronlle para o tratamento do espazo no debuxo, evidente nas súas perspectivas e cambios do punto de vista.[2] Compaxinou os estudos cos seus primeiros traballos no mundo da banda deseñada.
Dende o ano 1998 vén desenvolvendo unha traxectoria artística como debuxante de banda deseñada. Participou inicialmente en fanzines en Ourense e na Coruña, como El bolchevique vespertino, Esto es la guerra, Mensajes en una botella o Comikaze. Tamén colaborou con revistas e axencias de publicidade como ilustradora, e mais en publicacións colectivas de banda deseñada, como Dos veces breve ou H2Oil.
Entre o ano 2000 e 2006, compaxinou o seu traballo como arquitecta coa participación en exposicións colectivas no salón de banda deseñada Viñetas desde o Atlántico. Foi membro do colectivo de debuxantes Polaqia.
A través de Polaqia continuou a súa serie A prueba de balas (2003), na que Pablo Pérez colaborou cos guións.[2]
En 2005 fixo ilustracións para unha campaña de publicidade de Ron Cacique. Ese mesmo ano foi invitada ao salón de Andenne e en 2006 ao de Angulema, polo stand do fanzine "L'inédit".
Despois de varias historias curtas para publicacións de difusión estatal como Dos veces breve (2006) e Los Reyes Elfos: Historia de Faerie 2, foi galardoada co premio ao Autor Revelación en Expocómic 2008. Ese mesmo ano colaborou no proxecto de restauración do viaduto de San Pedro de Mezonzo (A Coruña), para o que pintou a María Pita nunha das súas columnas.[2] Tamén obtivo a bolsa Lingua Cómica da Fundación Asef, que lle permitiu rematar unha banda deseñada no Xapón.[3]
Recibiu unha oferta de Matt Gagnon, editor de Boom! Studios, para realizar unha miniserie de 4 números.[2] Deixou entón o estudio de arquitectura en que traballaba para centrarse na banda deseñada e produciu Hedex (2008), con Michael Alan Nelson no guión e Cris Peter na cor. Daquela xa era unha das estrelas do salón de banda deseñada Viñetas do Atlántico.[4][5]
Nas Jornadas Internacionales del Cómic Villa de Avilés coñeceu a CB Cebulski, quen a puxo en contacto con Nick Lowe, editor de Marvel Comics. Con el realizou un fill-in para Runaways primeiro e despois unha miniserie do Doctor Extraño, escrita por Mark Waid.
Realizou unha adaptación do Amadís de Gaula para o Grupo SM, con guión de Ricardo Gómez.[6]