![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Amparo Iturbi Báguena ![]() 12 de marzo de 1898 ![]() Alboraia, España ![]() |
Morte | 22 de abril de 1969 ![]() Beverly Hills, Estados Unidos de América ![]() |
Causa da morte | tumor cerebral ![]() |
Lugar de sepultura | Culver City (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | pianista ![]() |
Profesores | Eduardo López-Chávarri ![]() |
Instrumento | Piano ![]() |
Familia | |
Irmáns | Josep Iturbi Bàguena ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Empar Iturbi Bàguena, nada en Valencia o 12 de marzo de 1898 e finada en Beverly Hills (California) o 22 de abril de 1969, foi unha pianista valenciana. Acompañou o seu irmán Josep Iturbi na aventura estadounidense e apareceu en varias películas de Hollywood.[1] [2] [3]
Era a filla máis nova de Ricardo Iturbi e Teresa Báguena, quen tiñan unha gran paixón pola música e a habilidade de afinaren pianos, pouco común daquela. Tivo como profesores de música a María Jordán e a Eduard López-Chavarri.[2]
Debutou en Barcelona con quince anos. En 1925 deu o seu primeiro concerto destacado no estranxeiro, na Salle Gaveau de París, onde fora acompañar o seu irmán.[4] A súa interpretación de Goyescas foi moi admirada e o propio Enrique Granados dixo que Empar foi quen mellor a interpretara.[2] Posteriormente fixo unha xira conxunta co seu irmán por Italia, a Suíza, Bélxica, os Países Baixos e o Reino Unido. Tamén acompañou á famosa soprano catalá Maria Barrientos. En 1937 debutou nos Estados Unidos de América.[4]
Tivo unha filla única, tamén chamada Amparo, dun breve matrimonio co exportador de laranxas Enrique Ballester, quen tamén dirixía unha compañía flamenca de sona internacional.[5]
Finou en Beverly Hills o 22 de abril de 1969, debido a un tumor cerebral.[6]
Empar Iturbi apareceu en varios filmes musicais da MGM. Neles interpretábase a si mesma tocando o piano en compañía do seu irmán:
Tamén participou na banda sonora de Three Daring Daughters (1948). Os irmáns lograron fama polos seus dúos de piano. Fixeron aparicións en televisión no Show de Jimmy Durante en 1955 e The Bell Telephone Hour en 1962. Empar, amais, deixou gravacións como solista ou a dúo. En 1999 publicouse o CD Celebrated Artistry-Mozart/Jose & Amparo Iturbi.
En 1956 foi nomeada cidadá de honra de Texas e dous anos máis tarde recibiu en España o título de Dama da Cruz de Isabel a Católica. Anos máis tarde estivo a piques de converterse en directora do Departamento de Piano da Universidade de Loyola.