Enrique Muíño

Modelo:BiografíaEnrique Muíño

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de xullo de 1881 Editar o valor en Wikidata
A Laracha, España Editar o valor en Wikidata
Morte24 de maio de 1956 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de La Chacarita Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0611423 Allocine: 624410 Allmovie: p282482
BNE: XX4832715 Find a Grave: 7832653 Editar o valor en Wikidata

Enrique Muíño, nado en Lendo[1] (A Laracha) o 5 de xullo de 1881 e finado en Buenos Aires o 24 de maio de 1956, foi un actor de teatro e cine galego-arxentino.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Emigrou de neno cos seus pais a Buenos Aires. Comezou a traballar aos doce anos, cando lle comunicou ao pai que quería ser actor, este obrigouno a ingresar na Armada. Fixo un pequeno debut profesional en 1898 (aos 17 anos), coa compañía teatral de Jerónimo Podestá.

Cando rematou o servizo militar (en 1902), converteuse en actor traballando en principio en papeis pouco importantes. Máis tarde formou un dúo creativo co seu amigo Elías Alippi. Tivo moito éxito no teatro El Nacional, en obras como Así es la vida, Triple seco e San Antonio de los Cobres.

En 1922 realizou unha xira teatral en Galicia coa compañía Muíño-Alippi. Tamén realizaron presentacións en Madrid, Barcelona, Valencia, Donostia e Bilbao. Recibiu unha homenaxe no seu concello natal e no Centro Galego de Madrid.

Na súa carreira na industria cinematográfica da Arxentina destacan La guerra gaucha, El cura gaucho, Su mejor alumno e El abuelo, xunto a Mecha Ortiz. Interveu en máis de 20 filmes como protagonista, e en obras teatrais como Así es la vida.

En 1941 recibiu un Diploma de Honra nos premios Cóndor Académico (outorgado pola Academia de las Artes y Ciencias Cinematográficas de la Argentina), pola película El cura gaucho. Ese mesmo ano, cos seus amigos Elías Alippi, Francisco Petrone, Ángel Magaña, Lucas Demare e o produtor Enrique Faustín fundou a produtora cinematográfica Artistas Argentinos Asociados.

En 1944 recibiu outro premio por Su mejor alumno, unha biografía novelada do presidente Sarmiento e a relación co seu fillo.

Nos últimos anos da súa vida dedicouse tamén á pintura. Fixo estudos particulares co pintor Fernando Fader, expoñendo na galería Witcomb de Buenos Aires.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Enrique Muíño, protagonista do filme La guerra gaucha (1942).
  • Juan Moreira (1913)
  • Cadetes de San Martín (1937)
  • Viento Norte (1937)
  • El cabo Rivero (1938)
  • El viejo doctor (1939)
  • Alas de mi patria (1939)
  • Así es la vida (1939)
  • Huella (1940)
  • El cura gaucho (1941)
  • El viejo Hucha (1942)
  • La Guerra Gaucha (1942)
  • Su mejor alumno (1944)
  • Pampa bárbara (1945; narrador)
  • Donde mueren las palabras (1946)
  • Por ellos... todo (1948)
  • La calle grita (1948)
  • De padre desconocido (1949)
  • De hombre a hombre (1949)
  • Escuela de campeones (1950)
  • Caballito criollo (1953)
  • Los problemas de papá (1954)
  • El abuelo (1954)
  • Adiós problemas (1955)
  • Lo que le pasó a Reynoso (1955)
  • Surcos en el mar (1956)
  1. Cabo Villaverde, José Luis; et al., eds. (2001). Diccionario do cine en Galicia (1896-2000). Xunta de Galicia. p. 258. ISBN 84-453-3152-3. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]