Estadio Fernando Torres | |
---|---|
![]() | |
Datos | |
Coordenadas | 40°17′30″N 3°49′34″O / 40.2917128, -3.8260961 |
Localización | Rúa Camino del Molino, s/n Fuenlabrada, Madrid ![]() España ![]() |
Construción | |
Inauguración | 1 de setembro de 2011 |
Estadio | |
Superficie | Céspede |
Dimensións | 104x65 |
Capacidade | 6.000 |
Propietario | Concello de Fuenlabrada |
Localía | CF Fuenlabrada |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Estadio Fernando Torres é un estadio de fútbol da cidade de Fuenlabrada, na Comunidade de Madrid. Leva o nome de Fernando Torres, natural da cidade, e nel xoga os seus partidos o Club de Fútbol Fuenlabrada.
Este estadio foi inaugurado o 1 de setembro de 2011, cun partido entre o CF Fuenlabrada e o Club Atlético de Madrid con motivo do Trofeo Villa de Fuenlabrada, cos pais do xogador internacional Fernando Torres como convidados de honra. Anteriormente realizou unha visita oficial o propio xogador internacional, onde fixo un saque de honra xunto ao alcalde Manuel Robles, o día que se lle fixo entrega da 1ª Medalla de Ouro da Cidade de Fuenlabrada, pola súa traxectoria deportiva profesional.[1]
O estadio ten unha capacidade para máis de 3.000 espectadores, cuns 2.000 asentos na bancada lateral fixa, e outros 1.000 noutra bancada lateral supletoria. Nos fondos colocáronse grandes lonas, transmitindo a sensación dun recinto pechado.[2]
O estadio de fútbol englóbase dentro dunha cidade deportiva máis ampla, dotada de tres pistas cubertas de fútbol sala, piscinas cubertas e de verán, pistas de pádel e de tenis, e salas de fitness.[3]
Situado xunto á M-407, goza de boas conexións con municipios próximos como Moraleja de Enmedio, Griñón, Serranillos del Valle ou Carranque. Ademais, a proximidade da M-506 favorece o tránsito cara a e desde o centro de Madrid grazas ás súas múltiples conexións.