Casaquistán presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] dende o ano 1991, logo de independizarse da Unión Soviética. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]
En 2008, Casaquistán recibiu o seu primeiro nomeamento ó Óscar polo filme épico e biográfico Mongol, sobre a vida de Xenxis Kan.
A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[5] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Casaquistán para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Ano (Cerimonia) |
Título | Director | Resultado |
---|---|---|---|
1992 (65ª) |
Gibel Otrara | Ardak Amirkulov | Non nomeado |
2006 (79ª) |
Kóshpendiler | Sergei Bodrov, Talgat Temenov, Ivan Passer | Non nomeado |
2007 (80ª) |
Mongol | Sergei Bodrov | Nomeado
|
2008 (81ª) |
Tulpan | Sergey Dvortsevoy | Non nomeado |
2009 (82ª) |
Kelin | Ermek Tursunov | Lista curta de xaneiro
|
2010 (83ª) |
Zabludivshiysya[6] | Akan Satayev | Non nomeado[7] |
2011 (84ª) |
Vozvrashchenie v 'A'[8] | Egor Mikhalkov-Konchalovsky | Non nomeado |
2012 (85ª) |
Jaýjúrek myń bala[9] | Akan Satayev | Non nomeado |
2013 (86ª) |
Shal[10] | Ermek Tursunov | Non nomeado |
2015 (88ª) |
Zhat[11] | Ermek Tursunov | Non nomeado |
2016 (89ª) |
Amanat[12] | Satybaldy Narymbetov | Non nomeado |
2017 (90ª) |
Anaǵa aparar jol[13] | Akan Satayev | Non nomeado |
2018 (91ª) |
Ayka[14] | Sergey Dvortsevoy | Lista curta de decembro[15]
|
2019 (92ª) |
Qazaq Handiǵy – Altyn Taq[16] | Rustem Abdrashev | Non nomeado |
2020 (93ª) |
The Crying Steppe[17] | Marina Kunarova | Non nomeado |
2021 (94ª) |
Sary mysyq[18] | Adilkhan Yerzhanov | Non nomeado |
2022 (95ª) |
Zhizn'[18] | Emir Baigazin | Non nomeado |