Turquía presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] dende o ano 1964, e de xeito regular dende 1989. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]
En 1982, Suíza presentou O camiño, unha produción turca dos directores turcos Şerif Gören e Yılmaz Güney, que foi levada a Suíza na fase de posprodución por motivos políticos. O mesmo país presentou en 1990 Umuda yolculuk, filme sobre refuxiados turcos con director suízo. En 2015, Francia foi candidata ao Óscar co filme Mustang, dirixido pola turco-francesa Deniz Gamze Ergüven e ambientado en Turquía.
A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[5] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Turquía para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Ano (Cerimonia) |
Título |
Director |
Resultado
|
1964 (37ª)
|
Susuz yaz
|
Erksan, MetinMetin Erksan
|
Non nomeado
|
1989 (62ª)
|
Uçurtmayı Vurmasınlar
|
Başaran, TunçTunç Başaran
|
Non nomeado
|
1992 (65ª)
|
Piyano Piyano Bacaksız
|
Başaran, TunçTunç Başaran
|
Non nomeado
|
1993 (66ª)
|
Mavi Sürgün
|
Kıral, ErdenErden Kıral
|
Non nomeado
|
1994 (67ª)
|
Manisa Tarzanı
|
Oğuz, OrhanOrhan Oğuz
|
Non nomeado
|
1997 (70ª)
|
Eşkıya
|
Turgul, YavuzYavuz Turgul
|
Non nomeado
|
1999 (72ª)
|
Salkım Hanımın Taneleri
|
Giritlioğlu, TomrisTomris Giritlioğlu
|
Non nomeado
|
2000 (73ª)
|
Kaç Para Kaç
|
Erdem, RehaReha Erdem
|
Non nomeado
|
2001 (74ª)
|
Büyük Adam Küçük Aşk
|
IpeckiHandan İpekçi
|
Non nomeado
|
2002 (75ª)
|
9
|
UnalÜmit Ünal
|
Non nomeado
|
2003 (76ª)
|
Uzak
|
Ceylan, Nuri BilgeNuri Bilge Ceylan
|
Non nomeado
|
2005 (78ª)
|
Gönül Yarası
|
Turgul, YavuzYavuz Turgul
|
Non nomeado
|
2006 (79ª)
|
Dondurmam Gaymak
|
Aksu, YükselYüksel Aksu
|
Non nomeado
|
2007 (80ª)
|
Takva
|
Kızıltan, ÖzerÖzer Kızıltan
|
Non nomeado
|
2008 (81ª)
|
Üç Maymun
|
Ceylan, Nuri BilgeNuri Bilge Ceylan
|
Lista curta de xaneiro
|
2009 (82ª)
|
Güneşi Gördüm
|
Kırmızıgül, MahsunMahsun Kırmızıgül
|
Non nomeado
|
2010 (83ª)
|
Bal
|
Kaplanoğlu, SemihSemih Kaplanoğlu
|
Non nomeado[6]
|
2011 (84ª)
|
Bir zamanlar Anadolu'da[7]
|
Ceylan, Nuri BilgeNuri Bilge Ceylan
|
Non nomeado
|
2012 (85ª)
|
Ateşin Düştüğü Yer[8]
|
Güneş, İsmailİsmail Güneş
|
Non nomeado
|
2013 (86ª)
|
Kelebeğin Rüyası[9]
|
Erdoğan, YılmazYılmaz Erdoğan
|
Non nomeado
|
2014 (87ª)
|
Kış Uykusu[10]
|
Ceylan, Nuri BilgeNuri Bilge Ceylan
|
Non nomeado
|
2015 (88ª)
|
Sivas[11]
|
Müjdeci, KaanKaan Müjdeci
|
Non nomeado
|
2016 (89ª)
|
Kalandar Soğuğu[12]
|
Kara, MustafaMustafa Kara
|
Non nomeado
|
2017 (90ª)
|
Ayla[13]
|
Ulkay, CanCan Ulkay
|
Non nomeado
|
2018 (91ª)
|
Ahlat Ağacı[14]
|
Ceylan, Nuri BilgeNuri Bilge Ceylan
|
Non nomeado
|
2019 (92ª)
|
Baglilik Asli[15]
|
Kaplanoğlu, SemihSemih Kaplanoğlu
|
Non nomeado
|
2020 (93ª)
|
7. Koğuştaki Mucize[16]
|
Mehmet Ada Öztekin
|
Non nomeado
|
2021 (94ª)
|
Bağlılık Hasan[17]
|
Kaplanoğlu, SemihSemih Kaplanoğlu
|
Non nomeado
|
2022 (95ª)
|
Kerr[18]
|
Pirselimoğlu, TayfunTayfun Pirselimoğlu
|
Non nomeado
|
2023 (96ª)
|
Kuru Otlar Üstüne[19]
|
Ceylan, Nuri BilgeNuri Bilge Ceylan
|
Non nomeado
|
- ↑ A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]