Forzas Democráticas para a Liberación de Ruanda

Forzas Democráticas para a Liberación de Ruanda
Forces démocratiques de libération du Rwanda
PaísRuanda Ruanda
TipoGuerrilla
Tamaño6 000 - 7 000 (2007)
5 000 (2015)[1]
Aniversarios26 de setembro
Comandantes
Comandantes notablesIgnace Murwanashyaka, Callixte Mbarushimana, Ignace Murwanashyaka

As Forzas Democráticas para a Liberación de Ruanda (en francés: Forces Démocratiques de la Libération du Rwanda) son o principal grupo rebelde anti-Ruanda que operou nas últimas etapas da Segunda Guerra do Congo. Composto case na súa totalidade por membros hutus, foi formado no ano 2000 cos seus comandos de Kinshasa e Kivu, coa unión dos membros do Exército para a Liberación de Ruanda. Operan no territorio da República Democrática do Congo, desde onde lanzan ataques contra o goberno de Kigali.

Gran parte das súas forzas está composta polos chamados interahamwe que levaron a cabo o xenocidio ruandés de 1994. A súa principal fonte de apoio está no presidente da RDC Joseph Kabila, que os utiliza como o seu brazo armado contra os seus inimigos. En xullo de 2002, as FDLR transladáronse desde a capital cara ás provincias de Kivu do Norte e Sur, cando os seus membros eran calculados entre 15 000 e 20 000 soldados.

Despois do remate oficial da guerra no Congo, ao asinarse o Acordo Global e Inclusivo de Pretoria, as súas forzas continuaron atacando a membros da etnia tutsi ao longo da fronteira entre a RDC e Ruanda, transformándose nun dos principais elementos desestabilizadores da rexión. A mediados do ano 2004 os seus ataques perpetrados en contra da poboación civil provocaron unha avalancha de máis de 25 000 congoleses refuxiados.

En marzo do ano 2005, despois de longos debates e conversacións entre representantes do goberno da RDC e os xefes das FDLR, chegouse o día 31 ao acordo de abandonar a loita armada e de volver a Ruanda como un partido político máis. Este acordo, alcanzado na cidade de Roma, en Italia, implica que os responsables do xenocidio de 1994 terán que enfrontarse á xustiza unha vez regresen ao seu país de orixe. Se se chega a cumprir, este acordo podería significar o desarmamento de máis de 10 000 homes comandados por diferentes xefes das FDLR, un feito imperioso para poder estabilizar e traer a calma á maltratada zona.[2]

O 4 de outubro do 2005 o Consello de Seguridade das Nacións Unidas emitiu unha declaración esixindo ás FDLR desarmarse e abandonar a República Democrática do Congo. Despois dun novo acordo, as forzas comprometéronse a abandonar o país o 30 de setembro. O líder das FDLR Ignace Murwanashyaka foi detido na cidade de Mannheim en Alemaña por violar as leis de inmigración. Ruanda anunciou que buscará extraditalo para enfrontar cargos polo xenocidio ruandés.[3]

O 23 de febreiro de 2021, as FDLR foron acusadas polas autoridades locais do Congo de estar detrás do asasinato de Luca Attanasio, embaixador italiano no país, nun ataque a un dos convois da MONUSCO da Organización das Nacións Unidas. Con todo, negaron calquera responsabilidade e condenaron o ocorrido, calificándoo como "innoble".[4]

En outubro de 2021, como parte do proceso de normalización entre Burundi e Ruanda. Burundi entrega a Ruanda once rebeldes do FLN.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]