Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de setembro de 1934 Jarše, Eslovenia (en) |
Morte | sen valor (90 anos) |
Cardeal | |
24 de marzo de 2006 – | |
Prefeito da Congregação para os Institutos de Vida Consagrada e Sociedades de Vida Apostólica (pt) | |
11 de febreiro de 2004 – 4 de xaneiro de 2011 ← Eduardo Martínez Somalo (pt) – João Braz de Aviz (pt) → | |
Arcebispo católico | |
6 de abril de 1997 – 11 de febreiro de 2004 ← Alojzij Šuštar – Alojz Uran (en) → Diocese: Arquidiocese de Liubliana (pt) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Pontificia Universidade Gregoriana Instituto Católico de París |
Actividade | |
Campo de traballo | Church‘s ministry (en) e teologia católica (pt) |
Ocupación | bispo católico (1997–), sacerdote católico (1960–), diácono (1959–), profesor universitario, Teólogo católico, sacerdote católico |
Membro de | |
Orde relixiosa | Congregación da Misión |
Consagración | Alojzij Šuštar |
Participou en | |
marzo de 2013 | conclave de 2013 |
Franc Rodé, C.M., nado en Liubliana (Reino de Iugoslavia) o 23 de setembro de 1934, é un eclesiástico católico latino esloveno, cardeal e relixioso lazarista.
Franc Rodé naceu o 23 de setembro de 1934 en Liubliana (entón parte do Reino de Iugoslavia, hoxe en Eslovenia).[1]
O 4 de outubro de 1959 foi ordenado diácono da súa congregación polo bispo de Ningbo André-Jean-François Defebvre.[1] O 29 de xuño de 1960 foi ordenado sacerdote polo mesmo prelado.[1] En 1965 doutorouse polo Instituto Católico de París coa tese Le miracle dans la controverse moderniste.[2]
En 1987 foi nomeado secretario da Secretaría para os Non Crentes.[1]
En 1993 foi nomeado secretario do Pontificio Consello para a Cultura.[1]
O 5 de marzo de 1997 foi nomeado arcebispo de Liubliana. Recibiu a ordenación episcopal o 6 de abril do mesmo ano, de mans do arcebispo emérito de Liubliana Alojzij Šuštar, e tendo como co-consagrantes principais ao arcebispo de Belgrado-Smederevo Franc Perko e ao arcebispo de Toronto Aloysius Matthew Ambrožič.[1]
O 11 de febreiro de 2004 foi nomeado prefecto da Congregación para os Institutos de Vida Consagrada e as Sociedades de Vida Apostólica.[1] Logo da elección de Bieito XVI foi confirmado no seu cargo.[1]
O 24 de marzo de 2006 o papa Bieito XVI creouno cardeal, co título de cardeal-diácono de San Francesco Saverio alla Garbatella.[1]
Retirouse o 4 de xaneiro de 2011.[1] O 20 de xuño de 2016 foi elevado ao rango de cardeal-presbítero.[1]
RODÉ (François). Le Miracle dans la controverse moderniste. Paris, Beauchesne, 1965, 287 p. (Théologie historique, nº 3). Cette thèse de théologie de Institut catholique de Paris méritait certes impression [...]