Física o química | |
---|---|
Formato | Drama xuvenil |
Creado por | Carlos Montero |
Intérpretes | Andrea Duro Javier Calvo Ana Milán Marc Clotet Sandra Blázquez Adrián Rodríguez Àlex Batllori Nasser Saleh Lucía Ramos Olivia Molina Cristina Alcázar Álex Hernández Álex Martínez Lorena Mateo Enrique Arce Sergio Mur Fernando Andina Sabrina Garciarena Juan Pablo Di Pace Andrea Dueso |
Tema de apertura | Los Días, Cinco de Enero |
País de orixe | España |
Episodios | 77 |
Produción | |
Duración | 70 minutos aprox. |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Antena 3 |
Formato de imaxe | 720p HDTV |
Primeiro episodio | 4 de febreiro de 2008 |
Derradeiro episodio | 13 de xuño de 2011 |
Na rede | |
https://www.antena3.com/series/fisica-o-quimica/ | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Física o química foi unha serie de televisión xuvenil producida por Ida y Vuelta Producciones e emitida por Antena 3 entre o 14 de febreiro de 2008 e o 13 de xuño de 2011, cun total de sete tempadas.
Nun primeiro momento a serie denominouse Empezar de cero, pero definitivamente Antena 3 decantouse polo nome Física o química, xa que fai unha clara alusión ao amor, ás decisións da vida.
O impacto de Física o Química é considerable, non só porque goza dunha boa acollida por parte do público, senón tamén da crítica, gañando o Premio Ondas 2009 á mellor serie española.[1] Ademais, a serie cruzou fronteiras para chegar ata Francia, onde se emite cun grande éxito de audiencia en NRJ 12, baixo o título de Physique ou Chimie. A súa emisión en México e Estados Unidos é a través da canle 52MX, os mércores ás 16:00 h. (hora centro).
Física o Química despediu a súa cuarta tempada o mércores 16 de decembro de 2009, liderando a súa franxa con claridade e batendo marca absoluta.[2]
A quinta tempada, que tan só contará con 9 capítulos, empezou a gravarse o 1 de marzo de 2010 e incorporou a seis novos actores, debido á marcha de varios dos protagonistas.[3][4][5] A serie tamén conta cunha nova cabeceira interpretada por El Sueño de Morfeo[6]. O primeiro capítulo foi preestreado o 5 de maio de 2010 no Cine Kapitol de Madrid, e a súa estrea en televisión foi o martes 11 de maio ás 22:30 h.
A 6ª tempada, estreada o 15 de setembro de 2010, contou cunha nova cabeceira interpretada por Angy Fernández. O último capítulo emitiuse o 14 de decembro de 2010. A sétima tempada da serie foi estreada o 5 de maio de 2011 e acabou para sempre o 13 de xuño.
A serie relata a vida nun instituto de Educación Secundaria, o instituto Zurbarán, dende o punto de vista de profesores e alumnos. A historia comeza coa morte por suicidio dun dos personaxes Rubén, irmán de Julio, por mor dunha carga na conciencia do rapaz, que días atrás fora partícipe dunha festa con drogas e alcol, no que violaron a unha rapaza. Ademais, un novo curso comeza no colexio Zurbarán, onde un grupo de profesores novatos se enfrontan á dura tarefa da docencia. A relación amorosa entre un alumno e unha profesora (Isaac e Irene), a vida en parella, a homofobia e o racismo, ou o sexo serán as liñas temáticas que a serie seguirá na súa primeira tempada.
Tempada | Capítulos | Espectadores | Share |
---|---|---|---|
Primeira | 1-8 | 3 186 000 | 18,2% |
Segunda | 9-22 | 3 047 000 | 17,3% |
Terceira | 23-33 | 3 032 000 | 17,0% |
Cuarta | 34-47 | 2 977 000 | 17,6% |
Quinta | 48-56 | 2 599 000 | 15,5% |
Sexta | 57-70 | 2 172 000 | 12,3% |
Sétima | 71-77 | 1 737 000 | 10,7% |