Georgian Public Broadcaster

Georgian Public Broadcaster
საქართველოს საზოგადოებრივი მაუწყებელი
Sakartvelos Sasogadoebriwi Mauzkebeli
Inicio das emisións 1956
Propiedade de Empresa pública
País Xeorxia Xeorxia
Lingua Xeorxiano
Sede central Tiflis

Na rede
http://www.gpb.ge/

A Georgian Public Broadcaster[1] (en xeorxiano: საქართველოს საზოგადოებრივი მაუწყებელი - Sakartvelos Sasogadoebriwi Mauzkebeli), tamén coñecida polas siglas GPB (en xeorxiano, სსმ), é a empresa de radiodifusión pública da República de Xeorxia. Actualmente xestiona dúas emisoras de radio e dúas cadeas de televisión.

É membro activo da Unión Europea de Radiodifusión desde 2005.

As primeiras emisións de radio en Xeorxia comezaron o 23 de maio de 1925 como Radio Tiflis, mentres que a primeira canle de televisión iniciou a súa actividade o 30 de decembro de 1956.[2]

A programación pasou a ser diaria a partir de 1961. O desenvolvemento dos medios de comunicación en Xeorxia impulsou a creación dunha segunda cadea de televisión en 1971 e a construción dunha torre de comunicacións en Tiflis en 1972, coa que se deu cobertura de radio e televisión ás zonas máis afastadas da rexión.

Coa independencia de Xeorxia en 1991 os transmisores de radio e televisión pasaron a control do novo estado e adoptouse a denominación "Corporación de Radio e Televisión de Xeorxia". A situación política do país deixou ao seu servizo de radiodifusión baixo mínimos, con só unha canle de radio e outro de televisión. Pero a situación volveu á normalidade e aumentouse o número de medios: en 1992 restableceuse a actividade da segunda televisión e en 1995 creouse unha segunda emisora de radio.

Trala Revolución das rosas de 2003, o Parlamento de Georgia debateu unha nova Lei Audiovisual que foi aprobada en decembro de 2004. A corporación pasou a ser de titularidad pública e recibiu un novo nome, "Radiodifusión Pública de Xeorxia".[3]

Organización

[editar | editar a fonte]

A GPB é unha empresa pública, propiedade do Estado xeorxiano. Entre os seus obxectivos establece atender as necesidades e intereses da sociedade georgiana, ofrecéndolle a maior variedade posible de información e coñecementos. Para iso sinala metas como difundir iniciativas sociais, defender a herdanza cultural e tradicións, manter un correcto uso do idioma, garantir a identidade de todos os seus cidadáns e evitar calquera tipo de manipulación política, económica ou doutra clase..[4]

O maior órgano é a Xunta Directiva, que vixía o cumprimento do servizo público e organiza reunións con representantes políticos e sociais para cubrir informativamente a toda a sociedade. Está composto por quince membros cun mandato de seis anos, con opción a unha soa renovación. Un terzo dese consello renóvase cada dous anos..[5]

O grupo finánciase con achegas directas do Estado.

  • Radio 1: (102.4 FM). Emisora generalista con información e entretenimiento. Emite desde 1925.
  • Radio 2: (100.9 FM). Ofrece música e programas educativos. Emite desde 1995.

Televisión

[editar | editar a fonte]
  • 1TV: Coñecido tamén como Televisión Pública, ofrece unha programación generalista con series, entretenimiento, informativos e acontecementos especiais como os Xogos Olímpicos ou o Festival da Canción de Eurovisión. Comezou as súas emisións o 30 de decembro de 1956.
  • 2TV: Televisión de servizo público con retransmisión de sesións parlamentarias, entrevistas e comparecencias. Anteriormente foi unha canle alternativa e educativa, pero a falta de fondos da radiodifusión pública propiciou a súa pechadura en dúas ocasións. Foi reinaugurado coa programación actual en febreiro de 2010.
  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2014. Consultado o 25 de febreiro de 2014. 
  2. Radiodifusión Pública de Georgia (ed.). "GPB: About" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2013. Consultado o 21 de agosto de 2013. 
  3. "About Public Broadcaster" (en inglés). GPB. Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2013. Consultado o 21 de agosto de 2013. 
  4. "GPB: Mission & Vision" (en inglés). GPB. Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2013. Consultado o 21 de agosto de 2013. 
  5. "GPB: About Board of Trustees" (en inglés). Radiodifusión Pública de Georgia. Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2013. Consultado o 21 de agosto de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]