Nome orixinal | François Gustave Planchon |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 29 de outubro de 1833 Ganges (Hérault) |
Morte | 13 de abril de 1900 Montpellier |
País de nacionalidade | francesa |
Formación profesional | Doutor en Medicina e en Ciencias, diplomado en Farmacia |
Educación | Universidade de Montpellier |
Q89547790 | ser o descritor da especie Kermes vermilio |
Actividade | |
Ocupación | Farmacéutico, entomólogo, botánico |
Membro de | |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | G.Planch. |
Familia | |
Irmáns | Jules Émile Planchon |
Premios | |
Oficial da Lexión de Honor | |
François Gustave Planchon, nado o 29 de outubro de 1833 en Ganges, Hérault, e finado o 13 de abril de 1900 en Montpellier (Hérault), foi un farmacéutico, botánico e entomológo francés.
Despois de obter en 1859 o doutoramento en Medicina na Universidade de Montpellier, foi nomeado profesor agregado da Facultade de Medicina de Montpellier, e profesor de Botánica na Facultade de Ciencias de Lausana, onde ensinou desde 1860 até 1862. Mentres realizaba as súas investigacións, continuou os estudos até obter o grao de doutor en Ciencias e título de farmacéutico, que acadoy en 1864. Nese mesmo ano, foi nomeado profesor agregado na Escola Superior de Farmacia de Montpellier. En 1872 obtivo a cátedra de Historia Natural das Drogas na Escola Superior de Farmacia de París. En 1886, foi nomeado director de dita Escola, ensinando nela até a súa morte, é dicir, durante case catorce anos.
Foi membro da Academia Nacional de Médicina de Feanciia, da Academia Nacional de Farmacia de Francia, e da Academia Real de Medicina de Bélxica.
Gustave Planchon é sobre todo coñecido polas súas investigacións sobre a estrutura das drogas vexetais (ou animais no caso das cochinillas).
Bastante difícil de clasificar, no seu traballo dedicouse á farmacoloxía e a diversos campos das ciencias naturais, en particular á fisioloxía das plantas, a fitopaleontoloxía, á xeografía botánica (fitoxeografía) e a entomoloxía.
Como precursor, fixo que a materia médica se beneficiara da determinación das drogas polos sues caracteres morfolóxicos externos ao estudialas usando o microscopio, o que lle permitiu corrixir identificacións erróneas (Kermes vermilio vs Kermes ilicis), ou determinar moito máis precisamente a verdadeira orixe botánica de diferentes drogas.
A abreviatura Planchon emprégase para recoñecer a Gustave Planchon como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gustave Planchon |