Hail to the Thief | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Radiohead | ||||
Publicado | 9 de xuño de 2003 | |||
Gravación | setembro do 2002 - febreiro do 2003 | |||
Estudio(s) | Ocean Way, Hollywood, California | |||
Duración | 56:35 | |||
Xénero(s) | rock alternativo, art rock, música electrónica, rock experimental | |||
Selo(s) | Parlophone | |||
Produtor | Nigel Godrich, Radiohead | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Hail to the Thief é o sexto álbum de estudio da banda inglesa de rock alternativo Radiohead, editado o 9 de xuño do 2003 polo selo Parlophone. Estreouse no número 1 no Reino Unido e no 3 nos Estados Unidos, onde vendeu máis copias na súa primeira semana que os anteriores álbums de Radiohead. Os seus sinxelos foron "There There", "Go to Sleep" e "2 + 2 = 5".
Despois de dous álbums de Radiohead con voces fortemente procesadas, menos guitarra e moita influencia da música electrónica e o jazz, Hail to the Thief é un pequeno regreso ás vellas influencias de rock alternativo da banda. Con preto dunha hora de duración, Hail to the Thief é o álbum máis longo da banda, aínda que moitos dos seus temas teñen unha lonxitude de sobre tres minutos, máis curta que a media da banda.
Hail to the Thief foi elixido o cuarto mellor disco do ano pola publicación de Internet Pitchfork Media, na súa lista dos 50 mellores álbums do 2003[1].
Os Radiohead consideraron titular o álbum The Gloaming (que significa "crepúsculo" ou "solpor"), pero isto foi rexeitado por ser demasiado "poético" entre outros motivos e así converteuse no subtítulo do álbum. Outros títulos considerados foron Little Man Being Erased, The Boney King of Nowhere e Snakes and Ladders, que se converteron nos títulos alternativos de "Go To Sleep", "There There" e "Sit Down. Stand Up".[2]
O uso de títulos alternativos inspirouse nos playbills vitorianos que mostraban cancións moralistas interpretadas nos music halls. A frase Hail to the Thief, "Salve ao ladrón" foi utilizada polos manifestantes anti-Bush como unha parodia do "Hail to the Chief", o himno presidencial estadounidense.[3]
Radiohead escolleu o título en parte en referencia a Bush, pero tamén en resposta ao auxe da intolerancia xeral e da loucura. O título tamén fai referencia á filtración dunha versión inacabada do álbum antes do seu lanzamento.[2]
Todos os temas compostos por Radiohead.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hail to the Thief |