Icovellauna é unha deusa celta adorada na Galia. O seu culto realizouse nun templo octogonal en Le Sablon, Metz, construído orixinalmente sobre unha fonte,[1] no cal foron atopadas cinco inscricións dedicadas a ela;[2] e en Tréveris, onde Icovellauna foi honrada nunha inscrición no complexo do templo de Altbachtal.[3][4] Ámbolos dous lugares están preto do río Mosela, na Galia oriental, na actual Lorena (Francia) e Renania-Palatinado (Alemaña).