![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de xullo de 1925 ![]() Vitoria, España ![]() |
Morte | 15 de novembro de 1969 ![]() Madrid, Spain, España ![]() |
Educación | Universidade de Salamanca ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura e poesía ![]() |
Ocupación | escritor, poeta, novelista, escritor de contos ![]() |
Movemento | Xeración de 1950 de Literatura española ![]() |
Pseudónimo literario | Igna ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Josefina Aldecoa (1952–1969) ![]() |
Parentes | Adrián Aldecoa, tío ![]() |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Ignacio Aldecoa Isasi, nado en Gasteiz o 24 de xullo de 1925 e finado en Madrid o 15 de novembro de 1969, foi un poeta e escritor en lingua castelá. Catro son as súas principais obras: El fulgor y la sangre (1954), Con el viento solano (1956), Gran Sol (1958) e Parte de una historia (1967).
Naceu en Gasteiz no seo dunha familia burguesa e nesa cidade estudou bacharelato nos marianos, para logo marchar a estudar Filosofía e Letras en Salamanca primeiro e en Madrid despois. De carácter rebelde e despreocupado, a súa vida universitaria non se caracterizou pola aplicación nos estudos. Na capital tivo a ocasión de coñecer a escritores como Rafael Sánchez Ferlosio ou Carmen Martín Gaite, con quen conformou a chamada Xeración dos 50 ou Xeración dos nenos da guerra, unidos pola literatura e pola súa activa oposición á ditadura franquista. Casou coa tamén escritora Josefina Aldecoa, fundadora do colexio de inspiración laica Estilo.
Empezou publicando dous libros de poesía para logo centrarse na novela e nos relatos, actividades literarias polas que é máis coñecido. Pertence ao realismo social dos anos cincuenta, caracterizado pola solidariedade cos humildes e os oprimidos, a desconformidade perante a sociedade da época e as arelas de cambio. A dura vida do campo ou do mar protagonizaron varias das súas obras.
A técnica narrativa de Aldecoa é a típica do realismo social do momento. O contido das obras teñen toda a prioridade e a el fican subordinadas as técnicas escollidas; xa que logo, rexeita toda pretensión experimental ou virtuosa. Salientou pola súa capacidade para captar os máis diversos ambientes nos que se desenvolven as súas novelas e relatos.