Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de febreiro de 1943 Durango, España |
Morte | 20 de marzo de 2014 (71 anos) Bilbao, España |
Causa da morte | cancro de próstata |
Alcalde de Bilbao | |
14 de xullo de 1999 – 20 de marzo de 2014 ← Josu Ortuondo Larrea – Ibon Areso → | |
10º Health minister (en) | |
7 de febreiro de 1991 – 2 de xaneiro de 1999 ← José Manuel Freire Campo (pt) – Gabriel María Inclán (en) → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Salamanca |
Actividade | |
Ocupación | médico, político, cardiólogo |
Empregador | Universidade do País Vasco |
Partido político | Euzko Alderdi Jeltzalea - Partido Nacionalista Vasco |
Membro de | |
Premios | |
|
Iñaki Azkuna Urreta, nado en Durango (Biscaia) o 14 de febreiro de 1943 e finado o 20 de marzo de 2014, foi un médico político vasco do PNV e alcalde de Bilbao.
Licenciado en Medicina e Cirurxía e doutor cum laude pola Universidade de Salamanca, foi especialista en cardioloxía e radioloxía. Foi profesor de Medicina Física e Radioloxía na Universidade do País Vasco e asistente estranxeiro no Hospital Broussais, da Universidade de París. Desde 1973, traballou como médico adxunto e xefe de sección do Hospital de Cruces de Barakaldo e a partir de 1976, Xefe de Servizo de Radioloxía. En 1981 foi nomeado Director do Hospital de Cruces.
Ao ano seguinte é nomeado Director de Hospitais do Goberno Vasco. De 1983 a 1987 desempeña o cargo de Director Xeral do Servizo Vasco de Saúde (Osakidetza).
En xullo de 1989 é nomeado Secretario xeral da presidencia (lehendakaritza) do Goberno Vasco, desempeñando ditos labores durante dous anos, asumindo en 1991 o cargo de Conselleiro no Departamento de Sanidade do Goberno Vasco, responsabilidade que ocupa até 1999.
Nas eleccións municipais do 13 de xuño de 1999 foi elixido alcalde de Bilbao como cabeza de lista da coalición entre o PNV e Eusko Alkartasuna, grazas aos votos dos concelleiros de Euskal Herritarrok; e posteriormente formaría un pacto de goberno con Iniciativa Ciudadana Vasca, partido liderado polo antigo alcalde de Bilbao José María Gorordo, que fora expulsado do PNV.[1] É reelixido para o cargo tras as eleccións municipais de 2003, de novo en coalición con EA, e 2007, xa en solitario, sen obter maioría absoluta en ningunha delas: en 2003 recibe o apoio de Ezker Batua, que se incorporou ao equipo de goberno, e en 2007 da coalición Ezker Batua-Aralar.[2] Finalmente, nas eleccións municipais de 2011 consegue alcanzar a primeira maioría absoluta (15 concelleiros sobre 29) da historia do PNV en Bilbao, permitíndolle logo gobernar esta lexislatura en solitario e quedando os seus antigos socios de goberno, Ezker Batua, fóra do consistorio.
En setembro de 2011, o concello concedeu a preceptiva licenza de derrubamento do edificio okupado e utilizado como gaztetxe (centro social okupado) de Kukutza III, do barrio de Rekalde.[3][4] A policía local de Bilbao colaborou coa Ertzaintza no acordoamento dos arredores para o desaloxo do edificio.[5] Os sucesos dexeneraron en enfrontamentos entre policía e manifestantes,[6][7][8][9] e supuxeron máis de 810 contedores envorcados, 80 dos cales resultaron calcinados e outros 50 sufriron danos de diversa consideración. Ademais, queimáronse 10 vehículos particulares e foron atacados os batzokis de Rekalde e a zona antiga, así como varios establecementos bancarios e comerciais. Os estragos polos disturbios contra o peche de Kukutza ascenderon a 140.000 euros.[10] Azkuna defendeu a acción policial nestes sucesos, ao igual que o conselleiro de interior Rodolfo Ares, que foi cualificada de desproporcionada polo Ararteko (defensor do pobo) ante o elevado número de partes médicos de lesións, os documentos gráficos e a falta de xustificación da Ertzaintza.[11][12]
Casado, tivo un fillo.
En 2003 foille diagnosticado cancro de próstata. A pesar da súa enfermidade continuou a carreira política durante máis dunha década.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Iñaki Azkuna |
Predecesor: José Manuel Freire Campos |
Conselleiro de Sanidade do Goberno Vasco 1991–1999 |
Sucesor: Gabriel Inclán Iribar |
Predecesor: Josu Ortuondo |
Alcalde de Bilbao 1999–2014 |
Sucesor: Ibon Areso |