Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de xaneiro de 1903 8º distrito de París, Francia ![]() |
Morte | 27 de outubro de 1995 (92 anos) París. |
Presidente Academia de Inscricións e Linguas Antigas | |
![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | ![]() |
Educación | École normale supérieure. École fraçaise de Rome. |
Q89547790 | Presidente da SFN. |
Actividade | |
Campo de traballo | Historia antiga, filoloxía e numismática. |
Ocupación | historiador da antigüidade clásica, profesor universitario, filólogo clásico, erudito clásico ![]() |
Empregador | Consello Superior da Investigación Arqueolóxica. Comité de Traballos Históricos. Instituto de Estudos Etruscos e Itálicos de Florencia. Academia Pontificia de Roma. Academia dos Lincei. Real Academia de Bélxica. Academia Británica. |
Membro de | Sociedade Francesa de Numismática. Sociedade de Anticuarios de Francia. Sociedade de Estudos Latinos. Asociación Guillaume-Budé. |
Obra | |
Doutorando | Jean-Pierre Néraudau ![]() |
Arquivos en |
|
Familia | |
Cónxuxe | Anne Heurgon-Desjardins. ![]() |
Fillos | Marc Heurgon, Catherine Peyrou, Édith Heurgon ![]() |
Premios | |
Medalla de ouro Cultor Romae. | |
![]() ![]() ![]() |
Jacques Heurgon, nado en París o 25 de xaneiro de 1903 e finado na mesma cidade o 27 de outubro de 1995, foi un latinista, etruscólogo e numismático francés.
Jacques Heurgon naceu en París o 25 de xaneiro de 1903.[1][2][3] Cursou o seu ensino secundario no Liceo Condorcet,[4] onde coñeceu o poeta Jean Tardieu, con quen mantivo correspondencia durante anos.[5]
En 1923 ingresou na École normale supérieure desa cidade para cursar estudos de Letras, dos que se graduou en 1927. Entre 1928 e 1930 estivo na Escola Francesa de Roma,[2][3] onde iniciou os seus primeiros proxectos de investigación sobre Tipasa e Capua.[6]
Non foi ata 1942 cando acadou o seu doutoramento, en Letras,[2] cunha tese sobre a Capua romana.[7][8]
Logo dun tempo como profesor no liceo Henri-Poincaré de Nancy, pasou a impartir docendia na Facultade de Letras Universidade de Alxer en 1932,[2][3] e durante os anos seguintes afondou no conñecemento da África romana.[6]
Durante a segunda guerra mundial interrompeu a súa carreira académica para participar dentro da tercera división de infantaría alxerina nas campañas do norte de África e de Italia,[6] onde foi merecedor tres condecoracións e da Cruz de Guerra.[3][8][2]
Finalizada a contenda, Heurgon retomou o ensino, e en 1945 asumiu a cátedra de lingua e literatura latinas na Universidade de Lille, compatibilizando ese posto co de director do distrito arqueolóxico do Norte. Entre 1953 e 1971 exerceu a súa cátedra na Sorbona,[2][3] institución na que en 1972 foi nomeado profesor honorario.[8]
Nas súas investigacións, Heurgon intersesouse polo mundo italo-romano, sinaladamente a arqueoloxía e a numismática etruscas, as antigüidades galo-romanas e afro-romanas, e a literatura de autores como Tito Livio, Cicerón, Plauto e Séneca.[2][8] Sobre estes temas ten unha abundante produción bibliográfica, non só como autor senón tamén como editor de textos clásicos.[9]
Entre outras entidades e sociedades eruditas, formou parte do Consello Superior da Investigación Arqueolóxica, do Comité de Traballos Históricos, da Sociedade Nacional de Anticuarios de Francia, da Sociedade de Estudos Latinos, da Asociación Guillaume-Budé, da Sociedade para a Promoción dos Estudos Romanos de Londres e do Instituto Arqueolóxico Alemán.[2][3] Tamén foi membro da Sociedade Francesa de Numismática,[3][10] que presidiu entre 1961 e 1963.[11][12]
Do mesmo xeito, Jacques Heurgon foi elixido membro de diversas academias de prestixio. Na Académie des Inscriptions et Belles-Lettres ingresou o 13 de decembro de 1968,[6] e foi nomeado presidente en 1979.[3] Pertenceu tamén, entre outras, á Pontificia Academia Romana de Arqueoloxía, á Academia das Ciencias de Turín, á Academia Etrusca de Cortona a Academia Nacional dos Lincei de Roma, ao Instituto de Estudos Etruscos e Itálicos de Florencia, á Real Academia de Bélxica e á Academia Británica.[2][10]
Os seus méritos académicos fixérono merecedor do nomeamento como Cabaleiro da Lexión de Honra en 1956, e como Oficial en 1975. Ademais foi nomeado Comendador da Orde das Palmas Académicas e Oficial da Orde das Artes e das Letras.[2][13] En Italia concedéuselle a medalla de ouro de Cultor Romae.[13] Tamén recibiu o doutoramento honoris causa pola Universidade Libre de Bruxelas.[2][3]
Jacques Heurgon estivo casado con Anne Heurgon-Desjardins, con quen tivo un fillo e dúas fillas.[5]
Heurgon finou en París o 27 de outubro de 1973, vítima dunha doenza.[2][3][6]
Predecesor: Jean Lafaurie |
Presidente da Sociedade Francesa de Numismática 1961-1963 |
Sucesor: Jean Parent |