(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de xaneiro de 1972 (52 anos) Vitoria, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
18 de outubro de 2016 – 21 de maio de 2019 ← Alfonso Alonso Lexislatura: XII lexislatura de España Circunscrición electoral: Araba Electo en: Eleccións xerais de España de 2016 | |
Deputado do Parlamento do País Vasco | |
20 de novembro de 2012 – 30 de xuño de 2015 – Javier Ruiz de Arbulo Cerio (en) → Lexislatura: X lexislatura do Parlamento Vasco Circunscrición electoral: Áraba | |
Deputado do Parlamento do País Vasco | |
20 de novembro de 2012 – 30 de xuño de 2015 Circunscrición electoral: Áraba | |
Alcalde de Vitoria | |
11 de xuño de 2011 – 13 de xuño de 2015 ← Patxi Lazcoz – Gorka Urtaran → | |
City councillor of Vitoria-Gasteiz (en) | |
4 de xullo de 1999 – 17 de outubro de 2016 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Deusto Universidade de Navarra |
Actividade | |
Ocupación | político, economista |
Partido político | Partido Popular |
Javier Ignacio Maroto Aranzábal, nado en Vitoria o 6 de xaneiro de 1972, é un político vasco, vicesecretario sectorial do Partido Popular. Foi o alcalde do concello de Vitoria entre 2011 e 2015.
Tras cursar estudos no colexio San Viator da capital arabesa estudou Ciencias Económicas e Empresariais na Universidade de Deusto.
En 1999 formou parte da candidatura do PP para o concello de Vitoria, tras ter sido membro de Novas Xeracións de Áraba e tras a vitoria do Partido Popular na capital arabesa ocupou o cargo de tenente de alcalde e concelleiro delegado de Facenda, unha responsabilidade que desempeñaría nos oito anos de goberno do PP (1999-2007). Nesas dúas lexislaturas con Alfonso Alonso como alcalde, exerceu ademais como portavoz do Goberno, presidente da sociedade municipal Gilsa, encargada da xestión do solo industrial no municipio de Vitoria, e concelleiro responsable de Novas Tecnoloxías.
Desde 2008,[1] Javier Maroto foi o voceiro do grupo municipal do PP no consistorio vitoriano, así como o seu responsable na área de Urbanismo.[1][2] Tamén formou parte, como representante do Partido Popular, do consello da sociedade municipal Ensanche 21, encargada da expansión urbana da capital arabesa polas novas áreas de Salburúa e Zabalgana. Así mesmo, é o secretario de organización do Partido Popular en Áraba.
É un dos poucos políticos do Partido Popular que criticou publicamente a posición do Partido Popular sobre o matrimonio homosexual. O 5 de novembro de 2010 nunha entrevista ofrecida a Radio Vitoria opinou que "sería un erro eliminar a lei de matrimonios homosexuais".[3]
Javier Maroto presentou o 23 de xuño de 2010 a súa candidatura á alcaldía de Vitoria para 2011, a cal gañou nas eleccións do 22 de maio. Foi investido alcalde o 11 de xuño de 2015.
Perdeu a alcaldía de Vitoria o 13 de xuño de 2015 en favor de Gorka Urtaran do PNV, a pesar de gañar as eleccións, debido a que os concelleiros de PNV, EH Bildu, Sumando-Hemen Gaude e Irabazi Gasteiz votaron polo candidato jeltzale.[4]
O 18 de xuño de 2015 o Presidente nacional do Partido Popular Mariano Rajoy nomeouno Vicesecretario Sectorial, cargo de nova creación.[5]
Predecesor: Patxi Lazcoz |
Alcalde de Vitoria 2011-2015 |
Sucesor: Gorka Urtaran |
Predecesor: Non existía o cargo |
Vicesecretario sectorial do Partido Popular 2015-actualidade |
Sucesor: No cargo |