(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de setembro de 1994 (30 anos) Geldrop, Países Baixos (en) |
Outros nomes | The Bullet |
Actividade | |
Ocupación | piloto de motocrós |
Deporte | Motocross |
Número deportivo | 84 |
Patrocinador | Red Bull GmbH |
Familia | |
Pai | Peter Herlings |
Premios | |
| |
Páxina web | jeffreyherlings.eu |
Jeffrey Herlings, nado en Geldrop, Brabante do Norte, o 12 de setembro de 1994, é un piloto de motocrós neerlandés.
Foi catro veces campión do mundo de motocrós e está considerado un dos mellores pilotos da historia deste deporte.[1][2]
En 2002 converteuse en campión de motocrós xuvenil holandés. O seu gran salto chegou en 2008 cando se converteu sucesivamente en campión holandés, europeo e mundial na categoría de 85cc. En 2009, pasou á categoría MX2. Recibiu permiso da Asociación Neerlandesa de Automobilismo Deportivo (KNMV) ese ano para participar no Open Nederlands en categoría MX2 con catorce anos. Rematou terceiro na loita polo título. No Campionato Europeo finalizou segundo, detrás do francés Christophe Charlier.
En 2010, debutou con 15 anos no Campionato Mundial de Motocrós en Sevlievo, Bulgaria, na categoría MX2. Unhas semanas despois converteuse no gañador máis novo dun Gran Premio, conseguindo a vitoria en Valkenswaard, durante o Gran Premio dos Países Baixos.[3] Ese mesmo ano gañou o Gran Premio de Letonia.[4] Non puido participar nos tres últimos Grandes Premios da tempada por mor dunha lesión e finalizou sexto a tempada.[5] En 2011, Herlings gañou de novo en Valkenswaard, e tamén foi o mellor nos Grandes Premios do Brasil, Portugal, Limburgo (Bélxica) e Italia. Rematou segundo na clasificación final por detrás do alemán Ken Roczen.
En 2012, gañou nove Grandes Premios e conquistou o título de campión mundial en MX2 co equipo Red Bull KTM, converténdose no primeiro campión mundial holandés dende Pedro Tragter en 1993 (125cc).
En 2013, chegou ao Gran Premio da República Checa despois de gañar os 13 primeiros Grandes Premios do Mundial. Gañou tamén na República Checa e conseguiu o seu segundo campionato mundial a falta de tres Grandes Premios. Non participou nas seguintes dúas probas pero reapareceu na última, o Gran Premio do Benelux, para obter a 15ª vitoria da tempada.[5]
Na tempada 2014, gañou todos os Grandes Premios nos que participou excepto o de México, pero unha lesión nun ombreiro[6] e logo unha rotura de fémur fixéronlle perderse catro probas polo que só puido acabar segundo na clasificación final, por detrás de Jordi Tixier.[7]
En 2015, cando lideraba o mundial e a falta de poucas probas para rematar, volveu sufrir outra lesión que o apartou das últimas carreiras e do título mundial.[5][8]
O 28 de marzo de 2016, gañou o seu 50º Gran Premio,[9] tras vencer no Gran Premio de Europa en Valkenswaard por sétima vez consecutiva e finalizou a tempada en primeira posición, conseguindo o seu terceiro título mundial en MX2, con máis de 100 puntos de vantaxe sobre o segundo, o suízo Jeremy Seewer.
En 2017, Herlings pasouse á categoría MXGP e conseguiu rematar segundo no campionato mundial tras unha lesión na man na pretemporada. En 2018, na súa segunda tempada na máxima categoría, fíxose co título mundial tras gañar dezasete dos dezanove Grandes Premios nos que participou. Gañou 33 das 38 mangas que correu, en catro delas quedou segundo e noutra terceiro. Non correu o GP da Lombardía debido a unha lesión.
En 2017 e 2018 gañou tamén o Master of Motocross holandés (Open Nederlands kampioenschap). En 2016 e 2017 (con Glenn Coldenhoff e Brian Bogers) Herlings quedou segundo no Motocrós de Nacións e en 2018 (con Coldenhoff e Calvin Vlaanderen) quedou segundo despois de que o equipo italiano fora descualificado tras a carreira.[10][11]
GP gañados | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nº | Data | Gran Premio | Circuíto | ||||||
Categoría MX2 | |||||||||
1 | 25-04-2010 | Países Baixos | Valkenswaard | ||||||
2 | 27-06-2010 | Letonia | Kegums | ||||||
3 | 25-04-2011 | Países Baixos | Valkenswaard | ||||||
4 | 22-05-2011 | Brasil | Indaiatuba | ||||||
5 | 12-06-2011 | Portugal | Águeda | ||||||
6 | 31-07-2011 | Limburgo | Lommel | ||||||
7 | 11-09-2011 | Italia | Fermo | ||||||
8 | 09-04-2012 | Países Baixos | Valkenswaard | ||||||
9 | 29-04-2012 | Italia | Fermo | ||||||
10 | 13-05-2012 | México | Guadalajara | ||||||
11 | 03-06-2012 | Francia | Saint-Jean-d'Angély | ||||||
12 | 10-06-2012 | Portugal | Águeda | ||||||
13 | 22-07-2012 | Rusia | Semigorje | ||||||
14 | 05-08-2012 | República Checa | Loket | ||||||
15 | 02-09-2012 | Benelux | Lierop | ||||||
16 | 09-09-2012 | Unión Europea | Faenza (Italië) | ||||||
17 | 02-03-2013 | Qatar | Doha | ||||||
18 | 10-03-2013 | Tailandia | Si Racha | ||||||
19 | 01-04-2013 | Países Baixos | Valkenswaard | ||||||
20 | 14-04-2013 | Italia | Pietramurata | ||||||
21 | 21-04-2013 | Bulgaria | Sevlievo | ||||||
22 | 05-05-2013 | Portugal | Águeda | ||||||
23 | 19-05-2013 | Brasil | Beto Carrero | ||||||
24 | 09-06-2013 | Francia | Ernée | ||||||
25 | 16-06-2013 | Italia | Maggiora | ||||||
26 | 30-06-2013 | Suecia | Uddevalla | ||||||
27 | 07-07-2013 | Letonia | Kegums | ||||||
28 | 14-07-2013 | Finlandia | Hyvinkää | ||||||
29 | 28-07-2013 | Alemaña | Lausitzring | ||||||
30 | 04-08-2013 | República Checa | Loket | ||||||
31 | 08-09-2013 | Unión Europea | Lierop (NL) | ||||||
32 | 01-03-2014 | Qatar | Doha | ||||||
33 | 09-03-2014 | Tailandia | Si Racha | ||||||
34 | 13-04-2014 | Italia | Arco di Trento | ||||||
35 | 20-04-2014 | Bulgaria | Sevlievo | ||||||
36 | 04-05-2014 | Países Baixos | Valkenswaard | ||||||
37 | 11-05-2014 | España | Talavera de la Reina | ||||||
38 | 25-05-2014 | Reino Unido | Winchester | ||||||
39 | 01-06-2014 | Francia | Saint-Jean-d'Angély | ||||||
40 | 15-06-2014 | Italia | Maggiora | ||||||
41 | 22-06-2014 | Alemaña | Teutschenthal | ||||||
42 | 06-07-2014 | Suecia | Uddevalla | ||||||
43 | 13-07-2014 | Finlandia | Hyvinkää | ||||||
44 | 28-02-2015 | Qatar | Doha | ||||||
45 | 08-03-2015 | Tailandia | Nakhonchaisri | ||||||
46 | 26-04-2015 | Países Baixos | Valkenswaard | ||||||
47 | 31-05-2015 | Francia | Villars-sous-Écot | ||||||
48 | 27-02-2016 | Qatar | Doha | ||||||
49 | 06-03-2016 | Tailandia | Suphan Buri | ||||||
50 | 28-03-2016 | Países Baixos | Valkenswaard | ||||||
51 | 10-04-2016 | Arxentina | Neuquén | ||||||
52 | 17-04-2016 | México | León (Guanajuato) | ||||||
53 | 01-05-2016 | Letonia | Kegums | ||||||
54 | 08-05-2016 | Alemaña | Teutschenthal | ||||||
55 | 15-05-2016 | Italia | Pietramurata | ||||||
56 | 29-05-2016 | España | Talavera de la Reina | ||||||
57 | 05-06-2016 | Francia | Saint-Jean-d'Angély | ||||||
58 | 11-06-2016 | Reino Unido | Matterley Basin | ||||||
59 | 26-06-2016 | Italia | Mantua | ||||||
60 | 28-08-2016 | Países Baixos | Assen | ||||||
61 | 11-09-2016 | Estados Unidos | San Bernardino | ||||||
Categoría MXGP | |||||||||
62 | 07-05-2017 | Letonia | Kegums | ||||||
63 | 06-08-2017 | Bélxica | Lommel | ||||||
64 | 13-08-2017 | Suíza | Frauenfeld-Gachnang | ||||||
65 | 03-09-2017 | Estados Unidos | Jacksonville | ||||||
66 | 10-09-2017 | Países Baixos | Assen | ||||||
67 | 17-09-2017 | Francia | Villars-sous-Écot | ||||||
68 | 04-03-2018 | Arxentina | Neuquén | ||||||
69 | 18-03-2018 | Unión Europea | Valkenswaard (NL) | ||||||
70 | 08-04-2018 | Trentino | Pietramurata | ||||||
71 | 15-04-2018 | Portugal | Águeda | ||||||
72 | 13-05-2018 | Letonia | Kegums | ||||||
73 | 20-05-2018 | Alemaña | Teutschenthal | ||||||
74 | 03-07-2018 | Reino Unido | Matterley Basin | ||||||
75 | 10-06-2018 | Francia | Saint-Jean-d'Angély | ||||||
76 | 01-07-2018 | Indonesia | Pangkalpinang | ||||||
77 | 08-07-2018 | Asia | Semarang | ||||||
78 | 22-07-2018 | República Checa | Loket | ||||||
79 | 05-08-2018 | Bélxica | Lommel | ||||||
80 | 19-08-2018 | Suíza | Frauenfeld-Gachnang | ||||||
81 | 26-08-2018 | Bulgaria | Sevlievo | ||||||
82 | 02-09-2018 | Turquía | Afyonkarahisar | ||||||
83 | 16-09-2018 | Países Baixos | Assen | ||||||
84 | 30-09-2018 | Italia | Imola |