Joaquín Cardiel Gericó

Modelo:BiografíaJoaquín Cardiel Gericó

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de xuño de 1965 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Zaragoza, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1985 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoRock en castelán Editar o valor en Wikidata
InstrumentoBaixo Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoEMI Editar o valor en Wikidata

BNE: XX5218413 Musicbrainz: 0d8e64e3-1652-44ed-9eb9-3d9f6e12d87c Discogs: 1113892 Editar o valor en Wikidata

Joaquín Cardiel Gericó, nado en Zaragoza o 2 de xuño de 1965, é un músico español.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Joaquín comezou na música moi cedo. Os seus grupos favoritos son AC/DC, Led Zeppelin, Status Quo etc. Empezou tocando a guitarra en "Edición Fría" e "Tres de Ellos". En 1985 únese a Héroes del Silencio tocando o baixo.

Trátase do único dos integrantes da banda que non deixou os estudos, xa que rematou a carreira de Química sen perder ningún curso en 1988, xusto cando o grupo comezaba xa a ter certo éxito.

Tras a disolución de Héroes del Silencio no ano 1996, Joaquín métese a traballar co seu ordenador, e saca á venda xunto á revista PC-Manía un CD-ROM chamado El refugio interior. Neste ano tamén saca unha web xunto cuns amigos, a famosa "Illa do silencio", web oficial de Héroes del Silencio en canal get. www.get.es/hds. Desta web, xa extinta, logramos rescatar algunhas cousas como a sección de pensamentos.

No ano 1997, colabora facendo os arranxos no primeiro disco en solitario de Enrique Bunbury, Radical sonora.

No 1998 fai a musicalización do disco La carta del indio salvaje, un disco onde se le unha carta en español e en inglés (voz de Constantino Romero), nunha campaña para a liberación de Leonard Peltier, un preso indio condenado a dobre cadea perpetua, e pasa algún tempo nas reservas indíxenas.

No 1999 colabora con Pedro Andreu, deseñando a portada do disco Donde el corazón me lleve, ademais de colaborar con Alan Boguslavski na canción "Roses In The Garden" do disco Bogusflow.

No ano 2001, traballou na elaboración do libro de fotos "84-96" de Héroes del Silencio, así como no disco Canciones '84 - '96 tamén e na promoción dos mesmos. Deste integrante de Héroes del Silencio é do que menos se coñece xa que non sacou aínda un proxecto musical en solitario, preferiu vivir no seu fogar e descansar da fama.

En febreiro do 2007, anunciaba xunto co resto de integrantes de Héroes del Silencio, o retorno do grupo para a realización dunha xira de dez concertos.

Discografía

[editar | editar a fonte]

Con Héroes del Silencio

[editar | editar a fonte]
Vexa o artigo principal en: Discografía de Héroes del Silencio

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]