Jon Brockman

Modelo:BiografíaJon Brockman
Biografía
Nacemento20 de marzo de 1987 Editar o valor en Wikidata (37 anos)
Snohomish, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Washington
Snohomish High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura201 cm Editar o valor en Wikidata
Peso116 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2009 Editar o valor en Wikidata - 2016 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla-pivote Editar o valor en Wikidata
Convocado porPortland Trail Blazers Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Milwaukee Bucks
Élan Chalon
CSP Limoges
Sacramento Kings
2005–2009 Washington Huskies

Twitter: mrjonbrockman Editar o valor en Wikidata

Jonathan Rodney Brockman, nado o 20 de marzo de 1987 en Snohomish, Washington, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Universidade

[editar | editar a fonte]

Xogou durante catro tempadas cos Huskies da Universidade de Washington, nas que fico medias de 13,8 puntos e 9,8 rebotes por partido.[1] No seu debut conseguiu un dobre-dobre ante Morgan State, con 17 puntos e 10 rebotes.[2] Esa tempada acabou con 215 rebotes, a segunda mellor marca dun novato na historia da universidade.[3]

Ao ano seguinte foi incluído por primeira vez no mellor quinteto da Pacific Ten Conference, tras liderar á conferencia en rebotes, con 9,6 por partido. Logrou 15 dobres-dobres ao longo da tempada,[3] destacando o conseguido ante Utah no segundo partido do ano, con 31 puntos e 18 rebotes.[4]

Tras ser o xogador que máis dobres-dobres fixo en toda a súa conferencia na súa terceira tempada, o último ano logrou de novo ser incluído no mellor quinteto da Pac-10, acabando a súa carreira de universitario como o único huskie da historia en lograr máis de 1800 puntos e máis de 1200 rebotes.[3]

Profesional

[editar | editar a fonte]

Foi elixido na trixésimo oitava posición do Draft da NBA de 2009 por Portland Trail Blazers,[5] sendo traspasado inmediatamente a Sacramento Kings xunto con Sergio Rodríguez a cambio dos dereitos do draft sobre a elección 31, Jeff Pendergraph,[6] e en setembro de 2009 asinou contrato cos Kings. O 21 de xullo de 2010 foi traspasado a Milwaukee Bucks por Darnell Jackson e unha segunda rolda do draft de 2011.

O 27 de xuño de 2012, Brockman, Jon Leuer, Shaun Livingston e unha elección do Draft foron traspasados ós Houston Rockets a cambio de Samuel Dalembert e varias eleccións do Draft.[7]

  1. Ficha de Brockman en TDR
  2. "Washington 118, Morgan State 51". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2016. Consultado o 27 de outubro de 2010. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "DRAFT 2009 Prospects - Jon Brockman". Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2010. Consultado o 27 de outubro de 2010. 
  4. "Washington 83, Utah 77". Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2012. Consultado o 27 de outubro de 2010. 
  5. 2009 NBA Draft
  6. Kings-Blazers Trade
  7. Rockets Receive 12th Overall Pick Via Trade With Bucks. NBA.com. 27 de xuño de 2012. Consultado o 27 de xuño de 2012.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]