Jon Juaristi

Modelo:BiografíaJon Juaristi

(2019) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de marzo de 1951 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Bilbao, España Editar o valor en Wikidata
Director xeral de Universidades e Investigación da Comunidade de Madrid
2009 – 2013 – Rocío Albert López-Ibor →
Director do Instituto Cervantes
2001 – 2004
← Fernando Rodríguez LafuenteCésar Antonio Molina →
Director da Biblioteca Nacional de España
2000 – 2001
← Luis Alberto de CuencaLuis Racionero → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónColegio Gaztelueta
Universidade de Sevilla
Universidade de Deusto Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista, profesor universitario, ensaísta, político, poeta, escritor, tradutor, novelista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade do País Vasco
Universidade de Valencia
Universidade de Nova York
Universidade de Alcalá Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de Euskadi
Partido Socialista Obrero Español
Euskadiko Ezkerra Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía e ensaio Editar o valor en Wikidata
Participou en
14 de marzo de 2018Manifesto pola Historia e a Liberdade
14 de xullo de 2014manifesto «Libres e Iguais»
5 de novembro de 2012Con Cataluña, con España
9 de abril de 2003Democracia sen rabia
19 de xuño de 2002Manifesto contra a morte do espírito e da terra Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Inguma: jon-juaristi-linacero Literaturaren Zubitegia: 624 BNE: XX1092882 Dialnet: 557715

Jon Juaristi Linacero, nado en Bilbao o 6 de marzo de 1951, é un poeta, novelista, ensaísta e tradutor vasco en éuscaro e castelán.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Bilbao, fillo dun empresario de clase media, é o maior de sete irmáns no seo dunha familia nacionalista vasca. Estudou no colexio San Nicolás de Bilbao onde se creou a primeira ikastola na década de 1950 e, tras o cambio de residencia por motivos de traballo do seu pai, estudou no primeiro colexio do Opus Dei en Leioa (Biscaia). Ós 11 anos comeza a estudar éuscaro por iniciativa propia, xa que na súa casa non se falaba e con 13 anos sepárase da súa familia e empeza a vivir cos seus avós paternos.

Ós 16 anos incorpórase a unha incipiente Euskadi Ta Askatasuna (ETA) por influencia do seu primo, que formaba parte dun comando de axuda ós liberados da organización, e tras ler o libro Vasconia: análisis dialéctica de una nacionalidad, de Federico Krutwig.[1] Durante a súa militancia en ETA a súa acción máis destacable foi pór en contacto a ETA cos círculos carlistas enfrontados ó réxime de Franco por mor da expulsión do pretendente Carlos Hugo de Borbón-Parma.

Xa na Universidade, integrouse nunha escisión obrerista de ETA, denominada ETA-VI Asemblea.[2] Fichado pola policía, abandona a súa cidade natal para estudar Filoloxía Románica en Sevilla, e regresa posteriormente á Universidade de Deusto onde se acaba doutorando. En Deusto, foi expulsado en 1972 "por alborotador" sendo readmitido no ano seguinte. Nesa época pasou algúns períodos no cárcere por "feitos leves", e foi condenado polo Tribunal de Orde Pública.[1]

En 1973, ETA-VI atopábase dividida en dous sectores, un dos cales (os maios) fusionaríase coa trotskista Liga Comunista Revolucionaria (LCR). Jon Juaristi, que pertencía ó outro sector (os minos), en 1974 optou por abandonar a militancia na extrema esquerda, renunciando case por completo á actividade política.[2] Daría comezo entón a súa actividade profesional primeiro como profesor de ikastola e posteriormente, en 1977, como profesor de instituto.

Xa en 1980, e dende posicións alleas ó nacionalismo da súa adolescencia, afiliouse ao Partido Comunista de Euskadi (PCE-EPK) no momento en que estaba en pleno proceso de unificación con Euskadiko Ezkerra (EE), que daría lugar a un novo grupo socialdemócrata que rexeitaba activamente a violencia. Abandonouno en 1986, decepcionado ó non pactar EE co Partido Socialista de Euskadi (PSE) tras as eleccións autonómicas de 1986. En 1987, ingresou no Partido Socialista Obreiro Español (PSOE), segundo as súas propias palabras, por "imperativos éticos", declarando nas súas memorias que o feito concreto que o levou a afiliarse foi un xesto testemuñal a causa do atentado dun grupúsculo abertzale, o comando Mendeku, contra a Casa do Pobo do PSOE de Portugalete, na que morreron abrasados dous militantes socialistas.

Juaristi ocupou a cátedra de Filoloxía Española na Universidade do País Vasco, a Rey Juan Carlos I na Universidade de Nova York, e foi profesor titular da Cátedra de Pensamento Contemporáneo da Fundación Cañada Blanch na Universidade de Valencia. Tamén traballou como docente e investigador en Austin (Estados Unidos) e no Colexio de México en 1985 e 1986. Dirixiu a Biblioteca Nacional de España (1999-2001), cargo que abandonou para dirixir o Instituto Cervantes (2001-2004) até a súa substitución, tras o triunfo socialista do 14 de marzo de 2004.

Dende 2005, é catedrático de Literatura Española na Universidade de Alcalá de Henares. O 8 de xaneiro de 2009 foi nomeado director xeral de Universidades e Investigación da Consellería de Educación da Comunidade Autónoma de Madrid, cargo do que foi cesado o 1 de agosto de 2013, por un acordo do Consello de Goberno de devandita comunidade autónoma, finalizando así unha etapa de catro anos e medio, ó mesmo tempo que pasou a substitución a Rocío Albert.[3]

O labor de investigación de Jon Juaristi abrangue diversos eidos: formación histórica das identidades colectivas, historia literaria, literatura de tradición oral, etc. Posúe a Medalla ó Mérito Constitucional e a Encomenda da Orde de Afonso X o Sabio. Actualmente reside en Alcobendas, Madrid.

Obra literaria

[editar | editar a fonte]

Jon Juaristi foi membro do grupo literario de vangarda Pott (1978-1983) xunto a Bernardo Atxaga, Joseba Sarrionandia, Ruper Ordorika e outros escritores.[4] A súa lírica está influída pola obra do poeta éuscaro e gran amigo Gabriel Aresti e a dos escritores vascos en castelán Miguel de Unamuno e Blas de Otero, así como pola ironía do poeta e ensaísta anglonorteamericano Wystan H. Auden.

Cultiva un deliberado prosaísmo culturalista dentro da chamada poesía da experiencia ou Nova sentimentalidade, corrente na que figura como un dos seus membros máis individualistas. Evoca con frecuencia a época do Bilbao da súa nenez e mocidade, e o ton dos seus poemas resulta desencantado, amargo, urbano e intelixente. Formalmente, recorre á intertextualidade, a ironía, o prosaísmo dun léxico cotidianísimo e os xogos de palabras (paronomasias, calambures). Alterna o estrofismo clásico co verso branco ou libre, buscando sempre unha enunciación crebada e conversacional.

  • Diario de un poeta recién cansado (1986).
  • Suma de varia intención (1987).
  • Arte de marear (1988).
  • Los paisajes domésticos (1992).
  • Mediodía (1993).
  • Tiempo desapacible (1996).
  • Poesía reunida (1986-1999) (2001).
  • Prosas (en verso) (2002).
  • Viento sobre las lóbregas colinas (2008).
  • Renta antigua (2012).

Nos seus ensaios é tema habitual a análise, dende unha perspectiva psicolóxica e sociolóxica inspirada en Carl Gustav Jung e Léon Poliakov, da raíz histórica e mítica dos nacionalismos europeos, e particularmente do nacionalismo vasco. Son adoitos nestes textos as incursións filolóxicas, así como as referencias e anécdotas sobre autores, temas e obras do ocultismo que acostuma citar con distanciamento e ironía.

  • Euskararen Ideologiak (1976).
  • El linaje de Aitor. La invención de la tradición vasca (1984).
  • Literatura vasca (1987).
  • Arte en el País Vasco (1987). Con Kosme M. de Barañano e Javier González de Durana.
  • Vicente de Arana (1990).
  • Vestigios de Babel. Para una arqueología de los nacionalismos españoles (1992).
  • Auto de Terminación: raza, nación y violencia en el País Vasco (1994). Artigos: en colaboración con Juan Aranzadi e Patxo Unzueta.
  • La Europa (cultural) de los pueblos: voz y forma (1994). En colaboración con outros autores.
  • El chimbo expiatorio (la invención de la tradición bilbaína, 1876-1939) (1994).
  • El bucle melancólico. Historias de nacionalistas vascos (1997).
  • Sacra nemesis. Nuevas historias de nacionalistas vascos (1999).
  • Sermo humilis: poesía y poética (1999).
  • El bosque originario (2000).
  • La tribu atribulada. El Nacionalismo Vasco explicado a mi padre (2002).
  • El reino del ocaso (2004).
  • Joseph Ratzinger, André Glucksmann, Wael Farouq, Sari Nusseibeh, Robert Spaemann, Gustavo Bueno, Jon Juaristi, Javier Prades López, Joseph Weiler (2008). Dios salve la razón. Ediciones Encuentro. ISBN 978-84-7490-915-9. 
  • Espaciosa y triste. Ensayos sobre España (2013).[5]

Outras obras

[editar | editar a fonte]
  • La leyenda de Jaun Zuria (1980).
  • La tradición romántica: leyendas vascas del s. XIX (1986). Lendas.
  • Flor de baladas vascas (1989). Recompilación de cancións tradicionais vascas.
  • Cuando canta la serpiente (1989). Guión en colaboración con Mario Onaindia.
  • Cambio de destino (2006). Memorias.
  • La caza salvaje (2007). Novela.
  • Voces para una enciclopedia interrumpida (2008). Memorias sobre Bilbao.
  • A cambio del olvido (2011). En colaboración con Marina Pino.
  • Miguel de Unamumo (2012). Biografía de Miguel de Unamumo
  • Historia mínima del País Vasco (2013)
  1. 1,0 1,1 Nacionalistas. La otra cara: Jon Juaristi, El Mundo, 5 de marzo de 2006.
  2. 2,0 2,1 Fernández, Gaizka (2013). «De Sabino Arana a la "izquierda abertzale". El nacionalismo vasco radical». Héroes, heterodoxos y traidores. Historia de Euskadiko Ezkerra (1974-1994). Madrid: Tecnos. p. 65.
  3. El cese de Jon Juaristi "no ha sido a petición propia", según Educación, El Mundo, 2 de agosto de 2013.
  4. Gómez Damborenea, Pedro (15 de abril de 2003). "Kortazar hace un repaso desde la nostalgia de la Banda Pott". El País. 
  5. «Jon Juaristi y Gabilondo ganan los Premios Euskadi de Ensayo 2014 Arquivado 31 de maio de 2020 en Wayback Machine.», Deia, 29 de outubro de 2014.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]