Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de outubro de 1952 (72 anos) Qarağandı, Kazakhstán |
Bispo diocesano | |
11 de febreiro de 2002 – ← Jerzy Mazur Diocese: Roman Catholic Diocese of Transfiguration at Novosibirsk (en) | |
Bispo titular | |
13 de abril de 1991 – Diocese: Bulna (en) | |
Administrador apostólico | |
Diocese: Roman Catholic Diocese of Transfiguration at Novosibirsk (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Kaunas Priest Seminary (en) |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1991–), sacerdote católico (1984–) |
Orde relixiosa | Compañía de Xesús |
Consagración | Francesco Colasuonno |
Premios | |
Joseph Werth, nado o 4 de outubro de 1952 en Karaganda (RSS de Kazakhstán), é un relixioso ruso-alemán, dende 1991 ao cargo da diocese da Transfiguración en Novosibirsk.
Joseph Werth naceu en Karaganda o 4 de outubro de 1952;[1] é o duodécimo fillo dunha familia de alemáns do Volga que foran deportados á RSS de Kazakhstán en 1929, no marco da campaña soviética contra os kulak. Logo de realizar o servizo militar no exército da Unión Soviética, entrou o 14 de agosto de 1975 no novizado da Compañía de Xesús en Lituania. Comezou posteriormente os seus estudos de teoloxía en Kaunas, e foi ordenado sacerdote o 27 de maio de 1984.[1] Logo de pasar un ano en Lituania, foi vigairo patriarcal en Aqtöbe (Kazakhstán) e posteriormente na parroquia de Marks (provincia de Saratov, RSFS de Rusia).
Coa caída da Unión Soviética, foi nomeado o 13 de abril de 1991 polo papa Xoán Paulo II administrador apostólico de Siberia e bispo titular de Bulna.[1] Recibiu a consagración episcopal o 16 de xuño[1] de mans do legado apostólico a Rusia, Francesco Colasuonno, e tivo como co-consagrantes principais ao administrador apostólico da Rusia europea Tadeusz Kondrusiewicz e ao bispo auxiliar de Vilnius Juozas Tunaitis.[2] Cando o territorio foi dividido en dúas administracións apostólicas, o 18 de maio de 1999, permaneceu como administrador apostólico de Siberia occidental.
O 11 de febreiro de 2002 a administración foi elevada a diocese, tomando o nome de diocese da Transfiguración en Novosibirsk, e Werth foi nomeado bispo diocesano.[1] O 20 de decembro de 2004 foi nomeado tamén ordinario do exarcado católico de Rusia.[1] Entre febreiro de 2005 e xaneiro de 2011 foi presidente da Conferencia Episcopal Católica de Rusia. O 19 de febreiro de 2014 o papa Francisco nomeouno membro da Congregación para as Igrexas Orientais.[3]
Die Bischofsweihe am 16. Juni 1991 spendete ihm Francesco Colasuonno, Apostolischer Delegat in Russland und späterer Kardinal; Mitkonsekratoren waren Tadeusz Kondrusiewicz, der am selben Tag zum Administrator in Russland bestellt wurde, und Juozas Tunaitis, Weihbischof in Vilnius.
Il Santo Padre Francesco [...] ha nominato Membri: [...] Joseph Werth, Vescovo della Trasfigurazione a Novosibirsk.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: (creación da sé) |
Administrador apostólico de Siberia 1991 - 1999 |
Sucesor: (división da sé) |
Predecesor: (división da sé) |
Administrador apostólico de Siberia occidental 1999 - 2002 |
Sucesor: (elevación da sé) |
Predecesor: (elevación da sé) |
Bispo da Transfiguración en Novosibirsk dende 2002 |
Sucesor: (no cargo) |
Predecesor: Klymentii Sheptytskyi (exarca apostólico) |
Ordinario para os greco-católicos de Rusia dende 2004 |
Sucesor: (no cargo) |
Predecesor: Tadeusz Kondrusiewicz |
Presidente da Conferencia Episcopal Católica de Rusia 2005 - 2011 |
Sucesor: Paolo Pezzi |