José Solís Ruiz, nado en Cabra (Córdoba) o 27 de setembro de 1913 e finado en Madrid o 30 de maio de 1990, foi un político español.[1]
Fillo de Felipe Solís Villechenous —alcalde de Cabra durante a ditadura de Primo de Rivera— e Eduarda Ruiz Luna.[2] Realizou estudos de dereito nas universidades de Deusto e Valladolid.[3]
«Camisa vieja» de Falange,[4] chegou a tomar parte na guerra civil en apoio do bando sublevado.[3] Durante o conflito alcanzou o grao de alférez provisional. Ao rematar a guerra ingresou por oposición na Secretaría Técnica Sindical, onde ocupou a praza de secretario da sección sindical central do Sindicato Nacional del Metal.[5] Formou parte do Corpo Xurídico Militar,[6] no que ingresou mediante oposición. Como tal actuou como fiscal no xuízo celebrado en 1941 contra un grupo de anarquistas membros do maquis, aos que Solís acusou de sabotaxe e de querer restaurar a República; finalmente foron condenados a morte e executados.[7] En 1944 incorporouse como secretario á Vicesecretaría xeral de Ordenación Social,[5] organismo de Falange encargado das cuestións sindicais, entre outras. A pesar de que tecnicamente era un falanxista «camisa vieja», Solís fixo boa parte da súa carreira profesional como oficial xurídico do Exército e como burócrata da administración sindical, polo que tivo pouco contacto co movemento fascista orixinal.[8]
En 1946 designárono procurador das Cortes franquistas,[9] posición que mantivo durante case toda a ditadura, ata decembro de 1975.[10] Durante ese ano, 1946, desde o seu cargo na Vicesecretaría xeral de Ordenación Social organizou as primeiras eleccións sindicais e tamén o primeiro Congreso Nacional de Trabajadores.[11]
En xullo de 1948 nomeárono gobernador civil de Pontevedra, cesando en 1951 e pasando a ser gobernador civil de Guipúscoa.[12]
Ten escrito unha granc cantidade de folletos; entre outros, os seguintes:
Predecesor: Fernando Suárez González |
Ministro de Traballo 1975 - 1976 |
Sucesor: Álvaro Rengifo Calderón |