Kārlis Balodis

Modelo:BiografíaKārlis Balodis
Biografía
NacementoKārlis Balodis
1864
Bilstiņu, Gobernación xeral de Livonia
Morte1931
Riga, Letonia
Deputy of Saeima (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomesKarl Wilhelm Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeLetoa
EducaciónUniversidade de Jena (–1892 (Xuliano))
Imperial University of Dorpat (en) Traducir (–1887 (Xuliano))
liceo de Mitau (–1883 (Xuliano))
Universidade de Múnic
University of Strasbourg (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEstatística, demografía, finanzas, matemáticas e economía Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Riga Editar o valor en Wikidata
Ocupacióneconomista, estatístico, demógrafo, político
EmpregadorUniversidade da Letônia (pt) Traducir
Universidade Humboldt de Berlín
Saeima Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Independente Socialdemócrata de Alemaña Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAdeli fon Hugo Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAlbum Academicum der Kaiserlichen Universität Dorpat (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Kārlis Balodis, nado no Pazo de Bilstiņu (parroquia de Koknese) o 20 de xuño de 1864 e finado en Riga o 13 de xaneiro de 1931, foi un economista, estatístico, demógrafo e político letón. Foi o autor do proxecto de planificación económica do Estado Palestino (1918), asesor económico do Ministerio de Guerra alemán, autor do sistema de tarxetas de racionalización de alimentos e o planificador dun plan de restauración de granxas alemás de posguerra baseado en cálculos estatísticos (1919). Un dos fundadores da Universidade de Letonia (1919), profesor da Facultade de Economía e Dereito e membro da Saeima (1928-1931) desde onde se especializou na planificación económica da independente República de Letonia.[1]

Fillo de Miķeļis Balodis, ferreiro, Kārlis Balodis foi o máis novo de tres irmáns. Na infancia quedou orfo de pai e xunto coa súa nai Anna e os seus dous irmáns mudáronse á cidade de Riga onde viviron en condicións de pobreza. En 1833 consegue graduarse no Gymnasium de Jelgava, en 1888 graduase na Universidade de Tartu e é ordenado pastor luterano momento no cal emigra ao Brasil, onde desde 1889 a 1891 intenta establecer sen éxito colonias letoas[2]. Entre 1891-1892 estuda xeografía na Universidade de Jena en Alemaña e defendeu a súa tese doutoral sobre o Estado de Santa Catarina no Brasil[3]. Traballa como pastor luterano nos montes Urais, estuda economía en Múnic e Estrasburgo e comeza a investigar e a publicar sobre demografía e estatística. En 1898, en Alemaña, co alcume de Atlanticus, publica a súa obra máis importante Der Zukunftsstaat: Produktion und Konsum im Sozialstaat sobre a produción e o consumo no Estado Futuro, o Estado Socialista. A obra publícase tamén en ruso no ano 1906 en San Petersburgo.

En 1905, comeza a traballar como funcionario na Oficina de Estatística Prusiana, en 1908 como funcionario na Oficina do Tesouro do Imperio Alemán. En 1914 foi elixido profesor honorario da Universidade de Berlín. Na primavera de 1918, ao remate da primeira guerra mundial, convértese no presidente do Comité Alemán de Apoio a Palestina (Deutsches Komitee Pro Palästina zur Förderung der jüdischen Palästina-Siedlung) e autor do primeiro plan de construción económica do país. En 1919, K. Balodis traballa na Comisión de Socialización (Sozialisierungskommission) en nome do goberno alemán para organizar a subministración de alimento para o que propón un sistema de repartimento de tarxetas.

Balodis recibiu a Gran Medalla de Ouro pola Academia Rusa das Ciencias, así como o premio Dmitry Tolstoy. A Academia Letoa das Ciencias outorga cada dous anos, desde 1994, un premio a economistas co seu nome.[4]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Kārlis Balodis publicou maiormente en alemán e a miúdo baixo o alcume de Ballod-Atlanticus, recollendo a referencia de Atlanticus do libro Nova Atlántida (1627) do ensaísta inglés Francis Bacon.

  • Der Staat Santa Catharina in Südbrasilien. Stuttgart, 1892
  • Die Lebensfähigkeit der städtischen und ländlichen Bevölkerung. Leipzig, 1897
  • Der Zukunftsstaat. Produktion und Konsum im Sozialstaat. Stuttgart, 1898
  • Die mittlere Lebensdauer in Stadt und Land. Leipzig, 1899
  • Sterblichkeit und Lebensdauer in Preussen. Berlín, 1907
  • Grundriss der Statistik enthaltend Bevölkerungs-, Wirtschafts-, Finanz- und Handels-Statistik. Berlín, 1913
  • Die Bevölkerungsbewegung der letzten Jahrzehnte in Preussen und in einigen anderen wichtigen Staaten Europas. Berlín, 1914
  • Palästina als jüdisches Ansiedlungsgebiet. Comité Alemán de Apoio a Palestina, 1918
  • Latwijas isweidoschana: indiwidualà un sozialà Latwija. Treimans, 1919
  • Sowjet-Russland. Verlagsgesellschaft Freiheit, Berlín, 1920
  • L’Université de Latvie et l’histoire de sa fondation. Riga, 1922
  • Der Bankrott der freien Wirtschaft und die notwendigen Finanz- und Wirtschaftsreformen. Jena, 1923
  • Die „Nova Atlantis” des Bacon.Riga, 1926