Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2016.) |
La Casa Azul | |
---|---|
Guille Milkyway actuando. | |
Orixe | Barcelona, España |
Período | 1997 - actualidade |
Xénero(s) | Electropop Indie pop Disco Shibuya-kei |
Selo(s) discográfico(s) | Elefant Records (España) Happy Robot (Corea del Sur) |
Membros | Guille Milkyway Paco Tamarit Guillem Barceló Pablo Rueda Lluís Domingo |
Na rede | |
MySpace oficial | |
La Casa Azul é un grupo español de electro indie pop fundado en 1997 e liderado por Guille Milkyway.
La Casa Azul nace no imaxinario de Guille Milkyway en 1997, como unha mestura da música disco dos 70, o europop dos 90, e abordando temáticas como o amor, a felicidade, a amizade, pero tamén a tristeza, o desamor e a frustración. O estilo da banda vaise caracterizar polo contraste que xorde pola combinación de melodías alegres con letras melancólicas.
O proxecto La Casa Azul naceu como unha banda ficticia, cuxos membros eran entón un debuxo feito en cor sen unha persoa real que os represente. O encargado da presentación das cancións da banda en directo é Guille Milkyway, o produtor, compositor e arranxador da banda.
Os primeiros traballos de La Casa Azul saíron á luz en forma de tres maquetas: Te invito a mi fiesta (1998-1999), Canciones ligeras (1999) e Galletas (1999) que nun principio foron distribuídas por varios programas de radio; moitas das cancións destas maquetas foron gravadas novamente e formaron parte do primeiro EP da banda El sonido efervescente de la Casa Azul (2000) e posteriormente foron reunidas e reeditadas na súa gravación orixinal na reedición do disco do mesmo nome (2006).[1]
A primeira colaboración de La Casa Azul con Elefant Records chega en febreiro de 2000, cunha remestura do tema Jamie Theakston do grupo inglés Supercute.
Elefant Records, na súa procura de novas ideas e proxectos, comeza unha nova colección de sinxelos de edición limitada, chamada Rekorked By Series. A idea é que grupos do selo se apropien, xoguen e remezclen cancións doutros grupos da discográfica. O 18 de setembro de 2015 saíu á venda Attic Lights reworked by La Casa Azul cun par de novos éxitos de Eurodisco a partir de Future Bound e War Years, dúas cancións da banda escocesa Attic Lights.
Edición | Canción | Premio | Resultado |
---|---|---|---|
XXIV | "Yo también" | Goya á mellor canción orixinal | Gañador[3] |