La Gaceta Literaria Revista de letras-arte-ciencia | |
---|---|
La Gaceta Literaria n.º 73, 1930. | |
Tipo | revista |
Nº de páxinas | 6-16 |
Fundación | 1 de xaneiro de 1927 |
Remata | 1 de maio de 1932 |
Director | Ernesto Giménez Caballero e Pedro Sainz Rodríguez |
Fundador | Ernesto Giménez Caballero |
Lingua | castelán e outras |
Localidade | Madrid |
Periodicidade | quincenal |
Sucesor | El Robinsón Literario de España |
ISSN | 1575-7226 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
La Gaceta Literaria, subtitulada Ibérica:americana:internacional e letras-arte-ciencia, fundada e dirixida por Ernesto Giménez Caballero dende o 1 de xaneiro de 1927,[1] foi unha publicación periódica cultural madrileña,[2] a máis importante das vangardas españolas e a xeración do 27.[1][3]
Os primeiros meses tivo de secretario a Guillermo de Torre.[1] De saída quincenal, editou en total 123 números,[4] cesando o 1 de maio de 1932.[3]
Entre os redactores e colaboradores estiveron Ramón Gómez de la Serna, Antonio Marichalar, José Moreno Villa, José Bergamín, Antonio Espina, Melchor Fernández Almagro, Benjamín Jarnés, César Arconada, Salvador Dalí, Rafael Sánchez Mazas, Federico García Lorca, Ramiro Ledesma Ramos, Gerardo Diego, Dámaso Alonso, Rafael Alberti, Pedro Salinas, Vicente Aleixandre, Juan Aparicio López, Jorge Guillén, Luis Buñuel, Jean Cassou, Sebastià Gasch, Rosa Chacel, Edgar Neville, Karl Vossler, José María de Sucre, Guillermo Díaz-Plaja, Enrique Díez-Canedo, Carmen de Burgos, Jaime Torres Bodet, Francisco Ayala, Juan Andrade, Eduardo García Maroto, Daniel Vázquez Díaz, Luis Bagaría, Salvador Bartolozzi, Francisco Bores... [5]
Acolleu numerosas colaboracións en catalán, galego, portugués e italiano, fundamentalmente poéticas. Entre os autores galegos estaban Evaristo Correa Calderón, Eduardo Blanco Amor, Augusto María de las Casas, Luís Pimentel, Manuel Antonio, Eugenio Montes e Valentín Paz-Andrade.[6]
Foi descrita como «unha das máis importantes no panorama cultural español e órgano de expresión e comunicación dos compoñentes da "Xeración do 27"».[7]