La Quinta Estación

La Quinta Estación
Natalia Jiménez
OrixeMadrid, España España
Período2001-Presente
Xénero(s)Pop Rock Pop
Selo(s) discográfico(s)SonyBMG
MembrosNatalia Jiménez
Anxo Reyero
Pablo Domínguez
Na rede
Sitio web Oficial de La Quinta Estación
IMDB: nm1301831 MySpace: laquintaestacion Musicbrainz: 09c85751-d9fa-4dc3-bc7d-6ab15ac809de Songkick: 378108 Discogs: 1444115 Allmusic: mn0001985864 Deezer: 8265 Editar o valor en Wikidata

La Quinta Estación é un grupo de pop rock, de membros españois, actualmente composto por tres músicos madrileños: Natalia Jiménez, Ángel Reyero e Pablo Domínguez. Comezou a soar en 2001 e a día de hoxe está triunfando co seu terceiro álbum El mundo se equivoca.

La Quinta Estación orixinouse en Madrid con seis membros, dos cales catro (Ángel, Natalia, Pablo e Sven) emigraron a México cando Sony BMG México ofreceulles a oportunidade de gravar o seu primeiro álbum Primera toma (2001), que rapidamente lles deu popularidade en México, Estados Unidos e toda Latinoamérica.

O single "Donde irán" foi elixido como tema central na telenovela xuvenil 'Clase 406', e introduciunos no país ó que emigraran. Outros temas serían Perdición e No quiero perderte, cos cales se colocaron no top ten da radio mexicana por varios meses.

Posteriormente realizan unha versión do tema Si yo fuese mujer, que encabezaría a banda sonora da película Dame tu cuerpo.

Nese momento o guitarrista e compositor Sven viuse obrigado a marchar do grupo debido a problemas legais internos no grupo. Sven non quixo entrar en maiores disputas que puidesen afectar á banda e decidiu abandonala deixando que o grupo quedase cos dereitos das cancións que el compuxera para a banda (entre elas a canción Algo más, dedicada á súa namorada, e que se publicaría máis adiante co segundo disco.)

O seu segundo disco incluíu 11 temas inéditos de autoría da banda, chamado Flores de alquiler 2004, vendeu máis de 500.000 copias entre México e os Estados Unidos principalmente. Tamén se lanzou con éxito en España e conseguiron un disco de ouro. Os singles foron: El sol no regresa, Algo más, Daría e Niña. Con este álbum conseguiron varios premios e nomeamentos, coma as dos Premios MTV Latinoamérica como mellor novo artista en México e os premios Oye! como mellor grupo español.

En 2005 sae un CD/DVD Acústico que vende máis de 250.000 copias, e polo mesmo foron nomeados ó Grammy Latino.

En 2006 a banda publica o seu último disco El mundo se equivoca, do que se desprenden o seu primeiro single Tu peor error e o segundo Me muero. A día de hoxe o álbum vendeu máis de 100.000 copias en México converténdose en Disco de Platino.

Con este novo traballo por fin logran o verdadeiro éxito en España: O seu single "Me muero" catapultou o álbum ata o #1 da lista de vendas deste país (Promusicae), superando xa as 80.000 copias vendidas (Disco de Platino).

En 2009 regresan cun novo traballo discográfico titulado "Sin frenos" co que chegan ao nº2 da lista de vendas de España (conseguindo o disco de ouro tras superar as 40.000 copias vendidas), ao nº3 en México, ao nº7 na Arxentina e o nº1 en Porto Rico e, por primeira vez, lideran tamén a lista Billboard dos discos latinos máis vendidos nos Estados Unidos.

Discografía

[editar | editar a fonte]

Tracks CD:

  1. ¿Dónde Irán?
  2. No Quiero Perderte
  3. Ayer
  4. Solo Es Un Minuto
  5. Cinco Estaciones
  6. Perdición
  7. Perdiendo El Control
  8. Nada Será Igual
  9. Cuando Acaba La Noche
  10. Cerca De Ti
  11. Coma
  12. Todo Se Vuelve Extraño
  13. Contigo Sí (versión acústica)

Producido por: Alejo Stivel Gravado por: Luca Petricca

Singles "Dónde Irán" (2001), "No Quiero Perderte" (2002), "Perdición" (2002)

Videoclips "Dónde Irán" (2001), "No Quiero Perderte" (2002), "Perdición" (2002)

Promoción Desde decembro de 2001 ata setembro de 2002.

Vendas + de 6.000 copias en México.

Publicación 3 de decembro de 2001 (México/Estados Unidos).

  • Flores de alquiler - 2004

Tracks CD:

  1. Busco Tu Piel
  2. Daría
  3. Niña
  4. El Sol No Regresa
  5. Flores de Alquiler
  6. No Hay Perdón
  7. A Cada Paso
  8. Mi Ciudad
  9. Esperaré Despierta
  10. Rompe El Mar
  11. Algo Más

Producido por: Armando Ávila Mastrizado por: Vlado Meller

Singles "El Sol No Regresa" (2004) "Algo Más" (2004) "Daría" (2005) "Niña" (2005)

Videoclips "El Sol No egresa" (2004) "Algo Más" (2004) "Daría" (2005) "Niña" (2005)

3 Premios Principais ano 2007: "Artista Revelación", "Mellor Álbum Nacional" para El mundo se equivoca, e "Mellor Canción Nacional" para Me muero.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]